займ срочно

A obra “Reino da extinción” este venres en Ames

0

Ames, 3 de maio do 2022 – O departamento de Cultura do concello de Ames pecha a programación de artes escénicas do semestre coa obra “Reino da extinción”.

A compañía Amorodio Teatro ofrece unha comedia que narra a historia de catro persoas galegas de diferentes etapas históricas, que son forzadas a convivir nun alén moi distinto do que imaxinaban. “Reino da estinción”  propón unha reflexión sobre que é ser galego, vivir en Galicia ou falar a nosa lingua.

A representación terá lugar o venres 6 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas poden adquirirse xa a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A obre xorde da necesidade de pescudar nas inquedanzas que temos sobre a nosa identidade como pobo, o que nos define, quen somos, e cando comezamos a ser galegos e galegas. De feito, o título do espectáculo alude a varios elementos que definen a nosa sociedade actual, como a desaparición de aldeas, a emigración, a perda de falantes ou de poboación.

Amorodio

Amorodio Teatro é unha compañía emerxente galega composta por Alba Nogueira, Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco. Estas catro intérpretes unen os seus camiños na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde as inquedanzas sociais da súa xeración as levan a conformar esta sinerxia teatral.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies