Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Rehabilitar e alugar, primeiros pasos de Compostela no problema da vivenda

O goberno municipal rehabilitará vivenda que ten en propiedade na Caramoniña para logo alugala

Zona na que se rehabilitaran as vivendas

Zona de Caramoniña na que se rehabilitarán as vivendas

Compostela, 17/03/2026 – Compostela ven de impulsar unha das medidas máis concretas, en materia de vivenda, dada nos últimos tempos. Rehabilitar un edificio propiedade do concello para a continuación alugalo a un prezo razoable.

Con esta medida o goberno municipal impulsa un parque público municipal de vivenda. A intención é seguir en esta liña, adquirindo máis inmobles, en principio no casco histórico. Uns alugueres que terían prezos contidos e aos que se accedería en función da renda da familia.

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, e a portavoz do goberno, Míriam Louzao, explicaron en rolda de prensa a iniciativa en materia de vivenda que ven de poñerse en marcha.

Case un millón de euros de investimento

A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns a redacción do proxecto básico, proxecto de execución, estudo de seguridade e saúde e dirección facultativa das obras da rehabilitación do conxunto de cinco edificacións municipais na rúa da Caramoniña.

O investimento previsto en esta fase é de 49.997,20 euros (IVE incluído). O investimento total prevese que supere os 931.000 euros.

As cinco edificacións que serán rehabilitadas suman 587 m2 construídos e están situadas nunha parcela de 1.875 m2 de superficie, cualificada como equipamento público asistencial, que o Concello obtivo en 2005 por cesión obrigatoria polo desenvolvemento da unidade de execución U-4 do Plan especial da cidade histórica (edificios residenciais deseñados por Víctor López Cotelo).

Os cinco edificios municipais non están catalogados pero son representativos da arquitectura popular. Un deles está na parte máis baixa da rúa da Caramoniña e outros catro están agrupados na parte máis alta desta.

O concelleiro de Urbanismo indicou que esta actuación terá catro efectos positivos, a comezar por dar exemplo como administración pública. “A administración pública ten que dar exemplo e rehabilitar o patrimonio histórico”, afirmou.

Lestegás indicou que esta actuación permitirá recuperar tamén bens representativos da arquitectura popular, mellorar o estado da rúa da Caramoniña e “avanzar na creación dun parque municipal de vivenda en alugueiro na cidade histórica a través da rehabilitación do patrimonio abandonado”.

A actuación conta cun investimento total previsto de máis de 931.000 euros e está incluída nos proxectos da Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL) Horizonte Compostela. O Concello de Santiago captou máis de 8,6 millóns de euros nesa convocatoria.

Prazos

Os prazos deste contrato son tres meses desde a sinatura do mesmo para o proxecto básico; e dous meses para redactar o proxecto de execución e o estudo de seguridade e saúde.

O prazo de dirección da obra é simultáneo á execución da mesma e, unha vez rematada e da recepción, hai un prazo dun mes para o libro do edificio. En total, prevese unha duración de contrato de dous anos.

Post navigation

Previous: Artesana, Bodeguilla de Santa Marta e La Morena gañan o XVII Santiago(é)Tapas
Next: Reclaman o pago dos atrasos ao persoal municipal de Santa Comba

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.