Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela

Rehabilitar e alugar a cidade histórica de Compostela

O equipo de goberno de Compostela destinará tres millóns a comprar edificios e rehabilitalos.

Imaxe aérea da zona vella de Compostela

Compostela, 11/06/2026 – A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, anunciaron en rolda de prensa a compra de edificios en desuso, a súa rehabilitación e o posterior aluguer asequible no casco vello da cidade.

A iniciativa enmarcase no Plan de medidas correctoras presentado canda a solicitude da Zona Residencial de Mercado Tensionada e para a que o Concello contará coa colaboración interinstitucional a través dunha proposta que formulará a través Consorcio.

A adquisición farase mediante licitación pública. O Concello de Santiago investirá tres millóns en mercar estes edificios da cidade histórica para rehabilitalos e crear aluguer accesible.

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, explicou que esta acción forma parte do Plan específico de medidas correctoras aprobado como parte da declaración da cidade como zona de mercado residencial tensionado (ZMRT).

Goretti Sanmartín salientou a importancia das vías de colaboración interinstitucional para atallar o problema da vivenda e concretou que o Consorcio de Santiago constitúe un espazo para lograr a complicidade doutras administracións  e teñen obxectivos coincidentes. Sanmartín Rei salientou a importancia das “vías de colaboración interinstitucional, que multiplican a capacidade de actuación en problemáticas como a da vivenda, mais que tamén son rendíbeis para abordaren outras cuestións”.

“Temos a sorte de contar cun espazo como é o Consorcio onde se poden tratar este tipo de iniciativas e lograr, para o seu desenvolvemento, a complicidade doutras administracións comprometidas cos mesmos fins. Sempre tivemos claro que é necesario seguir coidando desta xoia e dándolle o pulo que merece desde todas as administracións que participamos”, engadiu.

Sanmartín Rei indicou que na próxima reunión deste organismo, o Concello trasladaralle unha proposta para “estabelecer un mecanismo de colaboración segundo o cal sexa o Consorcio o encargado de rehabilitar os edificios que o Concello adquira, cumprindo deste xeito cos obxectivos das dúas entidades”,  unha proposta sobre a que aclarou que xa houbo contactos informais sobre esta cuestión e os obxectivos son concordantes.

Unha vez rehabilitados, para o que se buscará esta colaboración, o Concello dedicará os edificios a vivendas e locais comerciais ou socioculturais en réxime de alugueiro a prezo accesíbeis.

Pola súa banda, Iago Lestegás lembrou que o goberno local vén desenvolvendo unha estratexia para ampliar a oferta residencial a través da rehabilitación, con acción coma a reactivación do Rexistro de Soares, a adxudicación por venda forzosa do inmoble en ruínas do número 33 da rúa do Espírito Santo ou rehabilitación de cinco edificios na rúa da Caramoniña para vivenda municipal en alugueiro, entre outras medidas.

Licitación pública

O responsable municipal de Vivenda concretou que a adquisición dos edificios, integrada na medida B2 do Plan de medidas correctoras da ZRMT, realizarase mediante licitación pública, respectando os principios de publicidade, concorrencia e igualdade.

Os edificios deberán estar situados no ámbito do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica, unha área de 175 hectáreas que abrangue os barrios históricos de San Pedro, San Roque, Basquiños, Sar, San Lourenzo ou Pelamios. Os inmobles deberán estar catalogados polo seu valor arquitectónico, en desuso, necesitados de obras de rehabilitación, e libres de cargas e gravames, entre outros requisitos que establecerá o prego no que está ultimando a concellería.

Partida procedente da adxudicación de parcelas

O concelleiro explicou que este investimento de tres millóns de euros é posible grazas á recente adxudicación de tres parcelas destinadas polo planeamento urbanístico ao uso de vivenda protexida, polas que o Concello ingresou 5,1 millóns de euros.

E lembrou que o alleamento desas parcelas acordouse cun dobre obxectivo: mobilizar solo para vivenda protexida de nova planta e obter ingresos para crear outras vivendas protexidas no centro da cidade a través da rehabilitación. Nas tres parcelas adxudicadas vanse construír 134 vivendas protexidas con cualificación permanente. “Deste xeito, teremos vivenda a prezos accesibles na periferia e no centro”, valorou Lestegás.

Post navigation

Previous: Unha nova edición do Ames Jazz chegará en xullo
Next: Maquinaria pesada arrasa unha zona dunar en Aguiño

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.