Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Entroido
  • Oroso

Redes sociais e máscaras no Entroido de Oroso

O concello de Oroso tampouco quere deixar pasar o entroido pero manterá as restricións sanitarias cun concurso de disfraces nas redes sociais.
ordes-entroido-slide-24-xaneiro-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • Oroso, 4 de febreiro do 2021 – O concello de Oroso tampouco quere deixar pasar o entroido pero manterá as restricións sanitarias cun concurso de disfraces nas redes sociais.
    • Concurso de fotografía na rede
    • Regras do concurso
    • Concurso de máscaras

Oroso, 4 de febreiro do 2021 – O concello de Oroso tampouco quere deixar pasar o entroido pero manterá as restricións sanitarias cun concurso de disfraces nas redes sociais.

Imaxe de arquivo do desfile 2020

A Concellaría de Cultura de Oroso márcase como obxectivo manter viva a tradición do entroido no municipio. Ademais dun concurso de fotografía nas redes sociais manterá o de creación de máscaras.

Concurso de fotografía na rede

O prazo de inscrición para o concurso está aberto ata o 12 de febreiro e poderán participar maiores de 18 anos, empadroadas no concello, e con eles menores conviventes ata un máximo de 10 persoas.

Os menores de idade, ou que non teñan plena capacidade de obrar, que desexen participar deberán facelo sempre coa preceptiva autorización do titular da patria potestade ou tutela.

Regras do concurso

No momento de compartir a fotografía coa que se participa nas redes sociais (Facebook ou Instagram) os concursantes terán que etiquetar ao Concello de Oroso e mencionalo co hastag #enTROIdoOroso. Haberá 15 premios por importe de 100€ para gastar no comercio e hostalería local.

O xurado terá en conta os seguintes criterios:

  1. a) Calidade artística do disfrace
  2. b) Composición na realización da fotografía
  3. c) Orixinalidade
  4. d) Utilización de elementos tradicionais do Entroido
  5. e) Mensaxe en galego
  6. f) Esforzo e dedicación do/a promotor/a no resultado

Concurso de máscaras

O concello manterá o habitual concurso de máscaras no que se definen tres categorías de 7 a 9 anos, de 10 a 12 e mais de 13 anos. Serán máscaras orixinais non premiadas en outros concursos e o tema é libre. Tamén se aceptarán ademais das máscaras, que cubran todo o rostro, antefaces.

O xurado valorará os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto. Os concursantes presentarán as súas máscaras nas oficinas do Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa, de luns a venres en horario de 9 a 14h e de 17 a 20:30h, tendo como data límite de presentación o 11 de febreiro de 2021, antes das 20:30h.

Os premios dos gañadores serán os seguintes:

Categoria Infantil 1 (de 7 a 9 anos): Gañador: Vale regalo por valor de 70€, Finalista: Vale regalo en Juguettos por valor de 45€

Categoria Infantil 2 (de 10 a 12 anos): Gañador: Vale Equip@t 100€, Finalista: Vale Equip@t 60€

Categoria Xeral, Gañador: Vale 120€ Restaurante Os Mariñaos, Finalista: Vale 70€ As Esencias.

M’ais informacion na web oficial do concello

Post navigation

Previous: A policía local de Teo denuncia a varias persoas por unha festa ilegal
Next: A policía local de Santiago sancionou a 11 buses de transporte escolar

Máis novas

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.