займ срочно

Nace a Rede Galega de parques se fume

0

Bisbarra, 18 de xaneiro do 2023 – A Estrada acolleu a presentación da rede galega de parques sen fume á que se incorporan de partida dezaoito concellos.

O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, foi encargado de presentar a iniciativa. O Conselleiro estivo acompañado polo alcalde da Estrada, José López Campos, e explicou que a Rede de parques sen fume naceu a finais de novembro e como primeiro paso entregouse aos primeiros concellos en adherirse toda a sinalización precisa.

O proxecto está impulsado desde a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. O obxectivo “é crear máis espazos públicos libres de tabaco nas vilas galegas” dixo o Conselleiro que engadiu que continúa coa iniciativa de Praias sen fume, creada no 2016 e da que forman parte 80 concellos con 214 praias.

Segundo o conselleiro, tanto a rede galega de praias sen fume como a de parques, “teñen un fin educativo e de sensibilización social, salientando a importancia da conduta da poboación adulta, para que sirva de modelo para os máis novos”. De aí que os obxectivos de parques sen fume sexan a promoción dunha vida sen tabaco e a desnormalización do seu consumo; así como o respecto e coidado dos espazos públicos e do medio ambiente.

Os concellos participantes nesta iniciativa adquiren unha serie de compromisos entre os que citou, a identificación e sinalización dos parques con materiais da rede facilitados pola Consellería de Sanidade. Ademais, os concellos comprométense a difundir entre a poboación os folletos informativos e de sensibilización. Tamén se comprometen a desenvolver actividades encamiñadas a lograr unha sociedade libre de tabaco, así como dar soporte a accións levadas a cabo no ámbito escolar, e, así mesmo, organizar e impartir charlas sobre os beneficios de non fumar.

Ademais da Estrada, participan xa da iniciativa os concellos de Agolada, Moraña, Mos e Ribadumia na provincia de Pontevedra. Corcubión, Bergondo, Mazaricos, Ponteceso, Porto do Son, Boiro, Neda e Pontedeume na da Coruña. Riotorto, Cospeito e Monforte de Lemos en Lugo e Pereiro de Aguiar e A Merca en Ourense.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies