Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela
  • Músicas na linde

Recuperar a percusión tradicional galega

Unha investigación da USC reivindica a percusión tradicional galega e rebate o seu tradicional menosprezo.

usc percusion galega 21 outubro 2026

Compostela, 21/10/2026 – A tese doutoral de Cristian Silva Bóveda, recentemente publicada no Programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte da Universidade, pon o foco nun dos elementos máis esquecidos da historiografía musical do país: a percusión tradicional galega.

A investigación, titulada ‘O ruído: a percusión como acompañamento da gaita na Galicia do S. XX. instrumentos, intérpretes e padróns rítmicos’ e dirixida polo profesor Francisco Javier Garbayo Montabes, analiza a evolución deste patrimonio dende unha perspectiva etnolóxica, técnica e histórica.

O traballo de Cristian Silva xorde para cubrir un baleiro fundamental: a pesar de ser o eixe vertebrador do ritmo nas romarías e festas, os instrumentos de percusión tradicinal foron “historicamente menosprezados e os seus intérpretes relegados a un plano subalterno”, segundo o autor.

Invisibilización histórica e fenda salarial

O estudo de Cristian Silva pon de manifesto como, a diferenza do gaiteiro, considerado o “dono” ou director do grupo; o percusionista (tamborileiro, caixeiro ou bombeiro) percibía sistematicamente unha remuneración inferior e o seu nome era ocultado de forma case constante nos carteis, programas e rexistros históricos, figurando moitas veces baixo a etiqueta subalterna de “criado” ou “mozo”.

A tese resignifica ademais o propio concepto popular de ‘ruído’ ou ‘arruídos’, empregado historicamente nas Rías Baixas e no resto de Galicia, demostrando que a percusión tradicional non se trataba dunha categoría cacofónica, senón dunha expresión de orgullo e identidade popular.

Codificación da ‘Escola Galega de Percusión’

Máis alá da análise social e de xénero, a investigación ten un profundo carácter empírico. A través da deconstrución espectrográfica e auditiva de gravacións históricas do século XX, con figuras de referencia como os gaiteiros de Soutelo, Os Campaneiros de Vilagarcía ou a diáspora bonaerense, Silva conseguiu illar os rudimentos e esquemas rítmicos tradicionais.

Con este baleirado, a tese valida cientificamente por primeira vez a existencia dunha Escola Galega de Percusión, definindo unha gramática e uns padróns rítmicos propios e estables para bailes soltos (muiñeira, xota) e agarrados (pasodobre, rumba, polca).

A investigación pecha o seu arco cronolóxico analizando a recente revolución pedagóxica e tecnolóxica do século XXI, que vai dende a aparición dos primeiros métodos escritos de tambor galego ata a comercialización dos primeiros bancos de samplers virtuais de alta definición.

“A percusión tradicional galega nunca foi un mero metrónomo humano nin un acompañamento intuitivo sen valor, senón un sistema cultural e técnico de primeiro nivel. Esta tese busca facer xustiza histórica e devolverlle aos percusionistas o lugar central que sempre tiveron na nosa música”, sinala Cristian Silva. O traballo foi concibido tamén como unha “investigación de quilómetro cero” centrada no Salnés e a vila do Carril pero con proxección global.

Post navigation

Previous: “Cantiga de amiga” sobre a homosexualidade feminina na Idade Media
Next: Melloras no entorno da Pedra do Home

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.