займ срочно

Recorte á transparencia no concello de Trazo

0

Trazo, 7 de xuño do 2021 – O equipo de goberno de Trazo prescindiu das Comisións de Asuntos Sociais e Asuntos ao Pleno quedando todo en mans da Xunta de Goberno.

Desde a oposición denuncian este recorte en transparencia. O argumento de custo económico é rebatido desde Psoe e BNG que ofreceron non cobrar por asistir a elas.

No inicio da lexislatura a oposición permitiu ao PP, gobernando en minoría por ser a lista máis votada, que creara unha Xunta de Goberno. Este organismo non é obrigatorio no caso dos concellos de menos de 5.000 habitantes quedando as competencias no pleno municipal.

Ao mesmo tempo creáronse as Comisions de Asuntos ao Pleno e de Asuntos Sociais co fin de coñecer e debater previamente os asuntos que se levarían ás sesións.

A unión de Partido Popular e Somos Trazo proporcionou unha maioría que no último pleno eliminou estas comisións. A voceira socialista Beatriz Domínguez di que o que están facendo é un ataque á democracia

Domínguez pon o foco na comisión de asuntos sociais que leva un ano sen reunirse. Algo que non só lles impide coñecer con tempo suficiente que decisións se toman se non tamén aportar ideas nun momento de crise sanitaria

O Psoe nega que o custo das comisións sexa un problema para o concello xa que tanto eles como o BNG ofrecéronse a non cobrar por asistir

Beatriz Domínguez engade que pasar as delegacións do pleno á Xunta de Goberno Local supón impedir o control da oposición. Na práctica Psoe e BNG coñeceran as decisións con meses de retraso e si hai algún erro, como xa ten sucedido, será tarde para solucionalo

O certo é que non hai un equipo de goberno anunciado oficialmente. Son os acordos os que mostran o funcionamento da coalición entre PP e Somos Trazo que nunca foi presentada de xeito formal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies