Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Piden solucións para a piscina descuberta do Milladoiro

O PP lembra que nos dous últimos veráns a piscina tivo que pecharse varios días por perdas de auga e deficiencias técnicas.

ames pp piscina milladoiro 9 xaneiro 2025

Para un núcleo como o do Milladoiro, en Ames, con máis de quince mil habitantes, a piscina descuberta e na época de verán máis unha necesidade que un luxo. Nos últimos anos tivo que pecharse varios días por distintos problemas técnicos e iso preocupa á veciñanza.

O explica o Partido Popular que di que a piscina “converteuse nunha demostración máis da incapacidade do goberno municipal para xestionar, planificar e manter en condicións unha infraestrutura que debería ser un dos sinais de identidade dun concello que debería mirar máis polos veciños da localidade máis importante do municipio”.

Que os arranxos de este tipo de infraestruturas fanse en inverno é de sentido común e por iso o Partido Popular de Ames levará a pleno unha proposta na que se solicita unha actuación “urxente e definitiva para solucionar de maneira estrutural os problemas de perdas de auga e as deficiencias técnicas da piscina descuberta do Milladoiro”

O obxectivo da proposta é “garantir que este en condicións óptimas antes do inicio da tempada de verán e non cando sexa tarde e se prive ós veciños dunha instalación cando máis falta fai”. Reclaman ademais un plan de actuación e que se reforce o mantemento da piscina ademais de establecer protocolos de control técnico periódico para evitar que se volvan producir peches en plena tempada estival.

O PP xustifica a proposta lembrando que “tanto no verán de 2024 como neste último de 2025 a piscina descuberta do Milladoiro viuse na obriga de pechar varios días precisamente cando máis se precisa desta instalación e no momento de máis afluencia. As causas hai que buscalas nas perdas de auga e problemas técnicos graves, que deixaron a centos de usuarios sen alternativa”. Para os populares “o peor é que desde o goberno municipal xa se anunciara anos atrás que o problema estaba resolto despois dun investimento de 80.000 euros. Pero quedou demostrado que foron cartos estragados xa que para nada se solucionaron as avarías, nunha clara demostración de mala xestión”.

Post navigation

Previous: A Asociación Cultural Os Castros lanza un curso de iniciación ao folclore
Next:  Reclaman axilidade na limpeza do lixo do mercado de Padrón 

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.