Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Reclaman un plan de rehabilitación para o paseo fluvial de Bertamiráns en Ames

O Partido Popular pide o arranxo de camiños, luminarias, mobiliario, saneamento e infraestruturas

AMES PP PASEO FLUVIAL DE BERTAMIRNAS (1)

Ames, 09/04/2026 – O Paseo Fluvial de Bertamiráns, en Ames é tan querido como criticado en non poucas ocasións. Cando non é un vertido é un desbordamento ou simplemente, como é o caso, o seu mal estado.

O Partido Popular ven insistindo en máis dunha ocasión sobre o mal estado do paseo fluvial. O partido destaca que o seu mal estado afecta tanto a súa seguridade como a súa conservación. Lembra ademais que se trata de “un dos principais espazos naturais, de lecer e esparexemento do Concello de Ames, sendo ademais un enclave de grande valor ambiental vinculado ao río Sar e un lugar de referencia para a veciñanza e visitantes”.

Desta volta o Partido Popular ven de presentar unha moción para debater no próximo pleno ordinario. Os populares instan ó goberno municipal a realizar de maneira inmediata unha inspección técnica completa, identificando todas as deficiencias existentes en materia de seguridade, infraestruturas, saneamento e medio ambiente.

A maiores solicita que se redacte e execute, no prazo máis breve posible, un plan integral de rehabilitación do paseo fluvial. Poñen como medidas a incluir cando menos a reparación de camiños, pasarelas e mobiliario urbano, a adecuación e mellora da iluminación pública, a limpeza, desbroce e mantemento da vexetación, a reposición de elementos deteriorados ou inexistentes e a mellora da accesibilidade.

O PP considera que é urxente actuar sobre as infraestruturas de saneamento do paseo fluvial, en especial sobre colectores e puntos susceptibles de vertidos, garantindo que non se produzan filtracións nin derrames de ningún tipo ao paseo nin ao río Sar.

Para o PP “é necesario implementar un plan de mantemento periódico do paseo fluvial, con actuacións programadas que eviten o seu deterioro progresivo e establecer medidas de vixilancia e control ambiental, en coordinación cos organismos competentes, para previr e actuar ante posibles episodios de contaminación”.

Informes trimestrais

Para que estas peticións “non queden en papel mollado”, o PP pide que se de conta trimestralmente ó pleno municipal do grao de execución destas actuacións tan necesarias. Lembran que xa no ano 2016 instaba ó tripartito a limpar e manter o sendeiro á beira do río en óptimas condicións. No 2017 aprobouse por unanimidade unha proposta na que se pedía realizar un plan de actuación para reparar os elementos externos á conca do canle fluvial tales como papeleiras, bancos, muros de contención, fontes, etc. En 2022 advertíase da degradación progresiva do paseo, incluíndo riscos derivados da caída de árbores e da falta de mantemento, solicitando a elaboración dun estudo técnico e a execución de obras de mellora. Só dous anos máis tarde, o Partido Popular volveu insistir na necesidade de actuar, denunciando problemas graves como vertidos de augas fecais procedentes dun colector en mal estado, así como o abandono xeneralizado da vexetación, deficiencias na iluminación e unha imaxe impropia dun espazo público destas características.

A maiores de todas estas peticións os populares explican que “nos últimos tempos producíronse episodios de contaminación no entorno do paseo fluvial, con presenza de residuos, lodos e malos cheiros, o que evidencia a falta de control e mantemento desta zona”.

Post navigation

Previous: Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, triunfa nos XXX Premios María Casares
Next: Noxem e Tentáculo gañan o “Quero Cantar” 2026

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.