Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ordes

Reclaman dous pediatras a tempo completo para o Centro de saúde de Ordes

ordes-psoe-demandas-pediatras-slide-5-abril-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • Ordes, 5 de abril do 2018 – O Psoe de Ordes reclamará a Xunta, por medio do grupo parlamentario, dous pediatras a tempo completo e unha sala de espera propia para a área de pediatría do Centro de saúde.
    • Un corredor como sala de espera
    • Diabetes

Ordes, 5 de abril do 2018 – O Psoe de Ordes reclamará a Xunta, por medio do grupo parlamentario, dous pediatras a tempo completo e unha sala de espera propia para a área de pediatría do Centro de saúde.

Representantes do grupo municipal socialista reuníronse coa responsable de Política Local do Grupo Parlamentario Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo. Un encontro no que participaron a secretaria xeral de Ordes, Elvira Rodríguez Recouso; o voceiro municipal, Alejandro Manteiga; e o secretario de Sanidade do PSOE da Coruña, Xesús Pedreira. Rodríguez Rumbo indica que se necesitan como mínimo dous pediatras a tempo completo “para atender a unha poboación que ten 1.676 menores de catorce anos e non cumpre coas ratios recomendadas pola Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria”. Unhas ratios que recomendan como idóneo as 900 tarxetas por pediatra e que en Ordes está situada en 1.117.

A secretaria xeral do PSOE de Ordes, Elvira Rodríguez, explicou que “o problema é que na actualidade temos un pediatra a tempo completo e un segundo a media xornada, o que fai que dende hai tempo nos cheguen queixas dos usuarios do servizo de Pediatría polo tempo que teñen que agardar para seren atendidos”. O chamativo é que, tal como explicou Rodríguez Rumbo, a Xunta, en resposta a unha pregunta parlamentaria realizada no mes de marzo, respondía que o Centro conta con dous pediatras a tempo completo.

Un corredor como sala de espera

Centro de saúde de Ordes

Pola súa banda, Alejandro Manteiga adiantoulle á deputada socialista que presentará na próxima sesión plenaria unha moción para reclamar que se habilite unha sala de espera para os nenos e nenas de Pediatría. “Na actualidade os nenos e as súas familias que van a unha das pediatras non teñen sala de espera, polo que teñen que agardar nun estreito corredor que é zona de paso de médicos e pacientes que, no verán, rexistra altas temperaturas”. Finalmente, o secretario de Sanidade do PSOE da Coruña, Xesús Pedreira, confirmou “o total apoio da Dirección Provincial, que apoia o traballo coordinado entre as agrupacións locais e o grupo Parlamentario, e lembrou que “os socialistas levamos anos denunciando as carencias de persoal e medios do centro de saúde de Ordes. Primeiro con fisioterapia, onde conseguimos novo persoal. Despois foi con radioloxía e agora con Pediatría”.

Diabetes

Así mesmo, Beatriz Rodríguez Rumbo confirmou o traslado ao Parlamento de Galicia dunha proposta presentada pola agrupación socialista de Ordes para instar á Consellería de Sanidade a facilitar un medidor de glicosa FreeStyle ás persoas diabéticas en Galicia, especialmente ás persoas con diabetes tipo 1. Segundo os últimos datos, a prevalencia da diabetes en Galicia é do 8%, polo que se calcula que hai máis de 220.000 persoas na comunidade que padecen esta enfermidade, 800 delas en Ordes. Para que os pacientes poidan levar un control adecuado cos sistemas utilizados actualmente (medidores con tiras) son necesarios como mínimo 6 picadas diarias, ás que hai que engadir as 4 que, como mínimo, son necesarias para a administración da insulina. Pola contra, co medidor de glicosa FreeStyle reduciríanse o número de picadas xa que en cada escaneo obtén o valor actual de glicosa, os valores das últimas 8 horas e unha frecha que lle indica ao paciente cara a onde se dirixe a súa glicosa. Na súa petición á Xunta de Galicia, os socialistas lembra que algunhas comunidades autónomas facilitan este tipo de medidor, como Andalucía, Comunidade Valenciana ou Pais Vasco, ben financiando parte do seu custo ou o total, sobre todo os que están indicados para pacientes que sofren diabetes tipo 1. “Queremos saber se a Xunta ten coñecemento da situación dos galegos e galegas afectados por diabetes en relación coa non dispoñibilidade do medidor de glicosa FreeStyle”, apunta Begoña Rodríguez Rumbo.

Post navigation

Previous: Boqueixón abre o prazo de axudas para entidades sen ánimo de lucro
Next: As ANPAS de Ames reclaman melloras na xestión dos comedores escolares

Máis novas

UNha das troitas mortas no río Cabró en Ordes
1 minute read
  • Xeral

Troitas mortas no río Cabrón en Ordes

Estrada N-550 ao seu paso por Ordes
4 minutes read
  • Xeral

Ordes e as rotondas motivo de enfrontamento político

Cartel que anuncia o acto de homenaxe a Manuel Viqueira o gaiteiro de Vilaverde
2 minutes read
  • Axenda

O Gaiteiro de Vilaverde terá unha estatua en Ordes

Imaxe das obras de demolición en Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Denuncian a inseguridade dunhas obras de demolición do concello de Ordes

O socialista Aitor Bouza levou ao Parlamento a situación do centro de saúde de Ordes
2 minutes read
  • Xeral

Seguen as queixas polas deficiencias en centros de saúde

deputacion plan unico ordes 6 marzo 2026
4 minutes read
  • Ordes

A Deputación reclama máis investimento da Xunta na comarca

deputacion apoio ordes 12 febreiro 2026
2 minutes read
  • Ordes

Apoio da Deputación ás empresas e autónomos de Ordes

MANCOMUNIDADE ORDES VIOLENCIA DE XENERO 10 FEBREIRO 2026
2 minutes read
  • Ordes

Loita contra a violencia de xénero na Mancomunidade de Ordes

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.