Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

Reclaman o pago dos atrasos ao persoal municipal de Santa Comba

O BNG de Santa Comba explica que o persoal leva un ano sen cobrar a suba salarial anual e as horas extras

Casa consistorial de Santa Comba

Casa consistorial de Santa Comba

Santa Comba, 17/03/2026 – O voceiro nacionalista en Santa Comba, David Sixto, ven de reclamar que se lle paguen todos os atrasos pendentes ao persoal municipal. Sixto concreta a débeda nos atrasos da suba salarial ademais de horas extras.

O responsable do BNG cualifica de “irresponsábel” e “discriminatoria coas traballadoras e traballadores” incumprir unha obriga que están a acatar todas as administracións. Denuncia tamén o trato ás traballadoras do SAF que “nin se lle pagan as horas extras acordadas nin sequera teñen o descanso semanal estipulado”.

“O alcalde non pode mirar para outro lado mentres o persoal municipal segue sen cobrar o que lle corresponde. Ten a responsabilidade de garantir que o Concello cumpra cos seus compromisos laborais e de poñer solución inmediata a esta situación que leva demasiado tempo prolongándose”, sinala o portavoz nacionalista.

Por outra parte, a “falta de consideración co persoal” que denuncia o BNG de Santa Comba afecta de maneira especial ás traballadoras do SAF que continúan sen cobrar as horas extras que se lle deben por traballar os sábados, como se acordara en novembro de 2024 e non están a ter o descanso semanal obrigatorio.

“Non é de recibo que unha administración pública estea a incumprir a lei en cuestións laborais tan graves como esta. Non respectar o descanso laboral é gravísimo e o goberno municipal de Santa Comba ten que, de maneira inmediata corrixir esta situación”, sinala Sixto que esixe tamén que se lles paguen as horas extras por horas a maiores no verán e polo traballo en sábados e festivos, tal como se acordou hai xa máis de un ano.

O portavoz do BNG quixo tamén poñer en valor o labor das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, que desenvolven un traballo esencial para moitas persoas maiores e dependentes do municipio. “Estamos a falar dun servizo fundamental para garantir a atención e o coidado de persoas que o precisan e que se sostén grazas ao esforzo e á profesionalidade destas traballadoras.

A situación “inxusta e discriminatoria” cos traballadores e traballadoras do Concello afecta a distintos grupos que trasladaron as queixas ao responsábel local nacionalista. “Sabemos que se está a incumprir a lei ao non pagar os atrasos e as horas extras de varios colectivos, entre eles, o da policía local a quen non lle pagan as colaboracións que fan con outros concellos en situacións especiais como feiras e festas cando sabemos que eses concellos si fixeron o pago ao Concello de Santa Comba”, sinala o portavoz do BNG.

Reunión da Mesa de Negociación

Juan David Sixto sinala que resulta incomprensíbel que se aplicara a subida salarial nas nóminas e o goberno municipal continúe sen abonar os atrasos. “Estamos a falar dunha subida que é obrigada para todas as administracións públicas e están prexudicando ao persoal de Santa Comba ao non facer efectivo o pagamento”, sinala ao tempo que esixe o “pago inmediato” dos atrasos. Reclama tamén do concello a convocatoria a mesa de negociación para desbloquear o tema de acordo coa representación dos traballadores e traballadoras. “O goberno municipal ten que cumprir a lei e atender as demandas lexítimas do persoal que está a ser inxustamente tratado”, apunta Sixto.

Post navigation

Previous: Rehabilitar e alugar, primeiros pasos de Compostela no problema da vivenda
Next: Compostela acolle a liga de dróns Galicia Whoop League

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.