Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

 Reclaman axilidade na limpeza do lixo do mercado de Padrón 

padron pp limpeza espolon 9 xaneiro 2026

A feira dos domingos de Padrón sempre foi un dos mellores mercados da bisbarra. Ao mesmo tempo sempre xerou polémicas por distintos temas, a limpeza do lixo un deles. Agora o PP padronés saca de novo o tema e pide axilidade tras o mercado dos domingos.

O voceiro popular, Ángel Rodríguez Conde, reclámalle publicamente ao goberno local de Padrón “moita máis dilixencia” na retirada e limpeza do lixo que xera cada semana o mercado dominical. E pide “evitar que a contorna do Paseo do Espolón e a canle do río Sar ofrezan unha imaxe lamentable”.

Desde o Partido Popular non se responsabiliza ao concello da “falta de civismo” dalgúns feirantes e do resto da xente que abandona e tira lixo na vía pública. A crítica ven pola “falta de celeridade na xestión da limpeza”. Rodríguez di que “Fan falta menos palabras e máis feitos” e lembra as críticas de Anxo Arca ao goberno anterior, así como a promesa incumprida de resolver este problema “a pesar de que xa leva gobernando dous anos e medio”. “A situación, lonxe de mellorar, empeorou, porque hai semanas como esta nas que chega o xoves e o lixo segue na ribeira do Sar, cando non o leva a auga”, asegura o voceiro popular. Ademais, lembra que o pasado mes de maio o alcalde anunciara un incremento da vixilancia, máis sancións e tamén amagara cunha subida das taxas aos feirantes pero “retirou a súa proposta unilateral da orde do día daquel pleno e non se volveu saber nada”. 

Post navigation

Previous: Piden solucións para a piscina descuberta do Milladoiro
Next: O novo espectáculo de JJ Vaquero en Ribeira

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.