Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Reclaman ao goberno central axilidade para os accesos ao polígono Novo Milladoiro

O BNG de Ames leva ao Congreso dos Diputados a mellora dos accesos ao polígono Novo Milladoiro en Ames

ames-mitma-reforma-rotonda-milladoiro-slide-20-outubro-2023-(2)_r

Ames, 06/04/2026 – Os accesos ao polígono Novo Milladoiro, en Ames, é unha petición dende hai anos que foi crecendo a medida que a área industrial. As melloras na conexión coa N-550 é unha promesa recente que polo momento non ten  nin proxecto o que leveou ao BNG a preguntar ao goberno central en que punto está a proposta.

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego, rexistrou no Congreso unha batería de preguntas dirixidas ao Goberno co obxectivo de coñecer o estado e a planificación do proxecto de mellora dos accesos ao polígono do Novo Milladoiro, no concello de Ames.

Do mesmo xeito, no pasado pleno municipal de marzo a concelleira do BNG, Natividad González, interpelou ao goberno local socialista sobre esta mesma cuestión, evidenciando a preocupación existente polo estado das infraestruturas e a mobilidade na zona.

O proxecto, aprobado provisionalmente polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, contempla a mellora da intersección da estrada N-550, no punto quilométrico 67,150, coa estrada SC-20, no quilómetro 10,350. A actuación desenvolverase na rotonda de entrada ao Milladoiro desde Santiago de Compostela, un dos puntos con maior intensidade de tráfico da contorna.

Entre as medidas previstas destaca a creación dunha variante de acceso que conectará directamente a saída da AG-56 coa avenida do Muíño Vello, evitando o paso pola actual glorieta de entrada. O obxectivo desta intervención é aliviar a carga de tráfico na rotonda e facilitar un acceso máis áxil cara á zona norte do Milladoiro e ao parque empresarial do Novo Milladoiro.

Neste contexto, Néstor Rego solicita ao Ministerio que concrete o calendario previsto para a aprobación definitiva, a licitación e a execución das obras, así como que confirme se a actuación contará coa dotación orzamentaria necesaria para cumprir cos prazos.

Escarlata Pampín, voceira do BNG insiste en que “esta actuación debe executarse coa maior brevidade posible, dada a súa relevancia para mellorar a mobilidade e dar resposta ao importante crecemento poboacional e empresarial do Novo Milladoiro”. Así mesmo, reclaman ao Goberno que recoñeza o carácter prioritario e urxente desta intervención, considerada clave para garantir unha mobilidade máis eficiente na área.

Post navigation

Previous: Chega a XLIV Exaltación Do Viño Da Ulla
Next: Parolando con Rosa Crujeiras, Reitora da Universidade de Santiago de Compostela

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.