займ срочно

Reclaman a construción do centro de día do Pino

0

O Pino, 29 de marzo do 2022 – O Grupo Municipal Socialista do Pino reclamará no vindeiro pleno que o Concello solicite as axudas, destinadas a construcións de centros de día e residencias.

Trátanse dunhas axudas froito dun convenio entre  a FEGAMP e o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.  Son investimentos con cargo  aos fondos europeos e destinadas para os concellos de menos de 20.000 habitantes, dando prioridade aos de menor poboación e a todos aqueles que carecen de centros de día ou residencias, como é o caso do concello coruñés do Pino.

Solicitan explicacións

Nesta mesma moción os Socialistas esixirán ao popular, Manuel Taboada, que explique que motivos, ou causas, xustifican que o Concello renunciara á axuda, por un importe de 161.665€, concedida polo AGADER para a construción e posta en marcha do Centro de día de O Pino.

Critican que esta renuncia “de última hora” provocou que ningunha outra entidade pública ou privada puidese beneficiarse dos fondos do Programa Leader xestionados polo GDR Ulla Tambre Mandeo, “e atrasa a posta en marcha da instalación prevista para outubro do ano 2022”, afirman desde o PSOE.

Cualifican os feitos como graves e máis que reprochables “este é o respecto que mostra o actual Presidente do GDR, e Alcalde de O Pino, polo resto de axentes que forman GDR”, critica Óscar Vilar, voceiro do PSOE do Pino.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies