Ames, 22 de marzo do 2019 – O Partido Popular de Ames ven reclamar que ao goberno municipal que convoque as axudas ao comercio local que levan desde o 2016 sen abrirse.
O PP explica que pese a necesidade do comercio local de recibir algún tipo de axudas a partida destinada a esta cuestión baixa nos orzamentos ata un 62%. A cuantía no ano 2017 era de 40.000 euros destinada a aboar as convocadas no 2016, nos orzamentos aprobados a pasada semana este importe baixa ata os 25.000.
Os populares recoñecen que ano tras ano o Concello destina 3.400€, repartidos entre os premiados, para fomentar o consumo no comercio local nas festas de Nadal pero esta cantidade é para eles mais ben escasa, tendo en conta o número de comercios que hai actualmente tanto no Milladoiro como Bertamiráns. Pero realmente, e buscando desestacionalizar, a subvención realmente importante para o pequeno comercio estaba, nun pasado, nas subvencións de promoción económica ás asociacións, que contaban cun orzamento de 34.000€, na que se incluían cuestións como a comunicación, publicidade, animación ou exposición entre outras; e “infraestrutura e equipamento”, que incluía a adquisición de mobiliario, software, páxinas web así como o propio aluguer.
Os populares amosan “a súa preocupación polas pequenas e medianas empresas e demandamos do Goberno tripartito explicacións do recorte a un colectivo que debera ser unha prioridade tanto polo propio crecemento do Milladoiro e Bertamiráns como pola prestación de servizos á veciñanza que vai en aumento ano a ano nestes núcleos”.
