Silleda, 15 de decembro do 2018 – O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, vén de reclamar á xerencia integrada do Sergas a mellora na cobertura sanitaria do Centro de Saúde de Bandeira.
O rexedor contactou coa xerente do Sergas, Eloina Núñez, en días pasados, quen se comprometeu a cubrir novamente as dúas prazas de facultativos do centro logo das vacacións de Nadal.
O municipe realizou esta xestión ante a preocupación existente pola tardanza en conceder citas, situación que se debe a que nestes días só hai un médico no centro. “Somos conscientes que o da Bandeira non é o único afectado pola situación que estamos a vivir en Galicia estes días, pero agardamos que en canto sexa posible, e tal como se comprometeu a xerente, se cubran as dúas prazas e os usuarios poidan ter unha mellora atención”, indica o alcalde, que agradeceu unha vez máis a Eloina Nuñez a súa atención.
