A Estrada, 11 de abril do 2019 – O BNG reclama do goberno municipal da Estrada que mellore o estado dos aparcadoiros públicos de Correos e da Casa das Letras.
Para os nacionalistas os “usuario dos aparcadoiros da Casa das Letras, o de Correos ou o da avda. de América atópanse con que aparcar e manobrar neles é unha verdadeira aventura”. Explican que no da Casa das Letras, ademais das fochancas da zona do medio, carece de referencia algunha que racionalice o espazo, cun mal aproveitamento e creando problemas de maniobrabilidade. Engaden que “no caso dos outros dous xa é un problema puro e duro de imposibilidade de transitar por eles. Fochancas e máis fochancas que case imposibilitan o tránsito e o abandono do vehículo sen pillar unha molladura”.
O BNG pide ao alcalde “que aclare se ten pensado deixalas definitivamente así, no estado lamentábel en que se atopan, ou as vai tomar en serio. A veciñanza ten dereito a saber se o PP só aposta polas zonas a que chegou a un acordo económico cun veciño ou se vai a preocupar de todas as que hai”.