Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • O Pino
  • Touro
  • Vila de Cruces
  • Xeral

A Mina de Touro revive

mina-touro-rolda-prensa-slide-14-novembro-2018_r

Bisbarra, 19 de decembro do 2024 – A capacidade de certas empresas de acadar apoios cando están practicamente desafiuzadas pola xustiza fai que ameazas como a Mina de Touro reviva.

Este pasado martes, 17 de decembro, o Diario Oficial de Galicia, DOGA, sometía a exposición pública o proxecto da Mina de Touro para os concellos de Touro, O Pino, Arzúa e Vila de Cruces e marcaba un prazo de 30 días para a presentación de alegacións.

Consulta todo o que levamos publicado sobre a Mina de Touro ao longo dos últimos anos

O DOGA recolle que o proxecto foi declarado no pasado mes de xuño como PIE, Plan de Interese Estratéxico. Onte mércores chegaba o tema ao Parlamento de Galicia por medio do BNG e da Deputada Iría Carreira que criticaba a reapertura da Mina de Touro “polos danos económicos e ambientais e por favorecer só a grandes empresas privadas que aproveitan os recursos naturais galegos sen que quede aquí ningún beneficio, senón o impacto sobre ecosistemas e sectores produtivos xa profundamente danados”.

A deputada da zona preguntou pola vía de urxencia no Parlamento pola posición da Xunta diante deste proxecto despois da publicación do DOGA. O proxecto afectará aos catro concellos porque inclúe a construción dunha liña de alta tensión desde o encoro de Portodemouros, algo que impactará sobre o río Ulla e a ría de Arousa.

Un proxecto xa parado?

Iría Carreira lembrou no Parlamento que o proxecto non variou moito desde que fora paralizado grazas á oposición veciñal “Atopámonos cun proxecto que non ten cambios substanciais co de 2017 e que foi rexeitado en 2020, até o punto que nin sequera ten os datos analíticos actualizados”.

A a lei de avaliación ambiental, no seu artigo 39.4, recolle a posibilidade de inadmitir o proxecto por non ter diferenzas substanciais a respecto dun que xa tivo unha declaración de impacto ambiental negativa. A deputada nacionalista quixo saber se a conselleira “confía no criterio dos e das técnicas da Xunta que xa denegaron o proxecto no 2020”, e “por que non fai uso do artigo 39.4 da Lei de Avaliación ambiental. Porque non lles interesa, afirmou, porque isto non é unha decisión técnica, é unha decisión política que o que fan é deixar campo libre para as empresas”.

Iria Carreira rematou a súa intervención trasladándolle á conselleira unha pregunta dun veciño de Touro: “Como van confiar na Xunta de Galiza, que leva permitindo a contaminación do río  Pucheiros e de todos os ríos de Touro desde que pechou a mina e que agora van aprobar este proxecto?”.

Post navigation

Previous: Xestionar a auga de Brión custará máis de 13 millóns de euros
Next: A seguinte estación de Castelao

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.