Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Touro

A reapertura da mina de Touro de novo unha posibilidade

O concelleiro de Medio Ambiente de Touro preocupa di que “nin o proxecto anterior nin o actual aclaran con rigor o impacto real sobre as augas”

Cartel nunha manifestación en contra da reapertura da mina de Touro

Touro, 11/05/2026 – O complexo proceso administrativo, e xurídico, da empresa Cobre San Rafael con respecto á mina de Touro ven de dar unha volta máis. O TSXG estima un recurso presentado pola empresa e anula a negativa da Xunta de Galicia á actualización do proxecto.

Na práctica, e explicado dun xeito sinxelo, o TSXG o que fai e dicir que a Xunta de Galicia non tivo en conta certos informes presentados por Cobre San Rafael sobre o proxecto para a mina de Touro. Ou, cando menos, que non os tivo en conta como debería.

Isto autoriza a reapertura da mina? Non; o que fai a sentencia é obrigar á Xunta a un novo trámite no que se presente o proxecto e sexa revisado de novo. Máis burocracia e máis difícil saber que pasará.

Os cambios no Tribunal

Esta resolución abre paso ás suspicacias da veciñanza por quen a toma. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, renovou en marzo a presidencia da Sala de lo Contencioso-Administrativo e unha das primeiras decisións foi o traslado dos maxistrados que emitiran varias sentencias contrarias aos parques eólicos.

Esta mesma sala é a que agora estima o recurso de Cobre San Rafael relativo á mina de Touro. Os cambios na presidencia de esa sala parecerían presuntamente destinados a abrir portas a proxectos cuestionados desde os ámbitos ecoloxistas e veciñais.

A postura do concello

Consultado por Lindeiros, o concelleiro de Medio Ambiente de Touro, Darío Rey, mostra a súa preocupación pola nova situación “preocupa moito que esta resolución chegue despois dos cambios producidos na Sala do TSXG e do relevo de maxistrados que viñan tratando estes procedementos. Son circunstancias que, cando menos, alimentan dúbidas”.

Rey explica que en calquera caso o problema de fondo é o mesmo “nin o proxecto anterior nin o actual aclaran con rigor o impacto real sobre as augas, as captacións privadas e os mananciais da contorna. Hai numerosos recursos hídricos que non aparecen recollidos na documentación presentada pola empresa”.

O concello traballa xa nun informe pericial independente para mapear e identificar todos os recursos hídricos potencialmente afectados e contrastar a información que figura no proxecto. Para o concelleiro a prioridade “é defender con datos, rigor técnico e todas as garantías legais os intereses da veciñanza e do territorio”.

Darío Rey é moi crítico tamén coa actitude da empresa “cómpre desmontar a propaganda da empresa sobre unha suposta restauración ambiental exemplar. A realidade é que, máis de 30 anos despois do peche da explotación, os ríos da contorna seguen presentando presenza de metais pesados e importantes afeccións ambientais que continúan xerando preocupación entre a veciñanza e numerosos colectivos. Os feitos falan por si sós”.

O concello non descarta se é preciso “acudir aos xulgados para protexer a auga, a saúde pública e o medio ambiente”. De novo a minería convértese en centro da actualidade e as dubidas sobre os proxectos son máis que as certezas.

Post navigation

Previous: A plantación de viñedos ampliarase a Boqueixón
Next: Compostela restaurará o Arco de Mazarelos

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.