Compostela, 11 de agosto do 2017 – Hoxe chega ao curso Música en Compostela un dos grandes autores españois, a Real Filharmonía interpreta “El amor brujo” de Manuel de falla.
A cita na sede da orquestra, o Auditorio de Galicia, a partir das oito e media da tarde e baixo a batuta do mestre compostelán Maximino Zumalave e co violoncellista canario Ángel Luis Quintana como solista.
O concerto comezará con fragmentos de Soleriana de Joaquín Rodrigo (1901-1999), unha das obras orquestrais máis longas do popular compositor español. Este ballet, baseado nas obras do compositor Antonio Soler, foi escrito para o bailarín Antonio e a súa compañía, que o estreou en Granada en 1953.
De seguido os músicos tocarán o Concerto para violoncello en Sol maior de Luigi Boccherini (1743-1805), compositor e violoncellista italiano afincado dende os 25 anos en España, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira. Interpretarao o violoncellista Ángel Luis Quintana, solista da Orquesta Nacional de España, profesor do Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona e profesor convidado do Conservatorio de Rótterdam. Toca un violoncello Guadagnini do ano 1800.
O público asistente tamén terá a oportunidade de escoitar Sortilegis do catalán Xavier Montsalvatge (1912-2002), unha das figuras clave da música española da segunda metade do século XX. Escribiuna en 1992 para a Orquestra de Cadaqués, co fin de servir de obra obrigatoria para os finalistas do Primeiro Concurso Internacional de Cadaqués de Directores de Orquesta. Tratábase de propor unha Es tractava de proposar una obra difícil, amb canvis interns, sobretot en mètrica i dinàmica, a una sèrie de directors joves que optaven al premi del concurs.obra complexa a unha serie de directores novos que participaban no certame. L’estrena va tenir lloc dins del XXI Festival de Cadaqués, el dia 5 d’agost de 1992.
“El amor brujo”
O concerto rematará con El amor brujo de Manuel de Falla (1876-1946), a obra máis coñecida do autor. O día da súa estrea foi bastante criticada, polo que tivo que modificala. A nova versión é considerada unha das obras máis importantes da música clásica española. É unha historia de feitizos e bruxería. Narra o amor atormentado dunha moza xitana, Candela, á que se lle aparece o espectro dun amante morto, celoso ante a súa relación con Carmelo.