Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

A Real Filharmonía recupera ao Gato con Botas para os concertos didácticos

A Real Filharmonía de Galicia volve a interpretar os concertos destinados aos máis pequenos co Gato con Botas como protagonista.
real-filharmonia-o-gato-con-botas-slide-30-xaneiro-2024_r

Compostela, 30 de xaneiro do 2024 – A Real Filharmonía de Galicia volve a interpretar os concertos destinados aos máis pequenos co Gato con Botas como protagonista.

“O gato con botas” é un conto popular europeo que adquire unha nova proposta artística da man dos títeres PerPoc e os debuxos da artista rusa Alexandra Semenova. O espectáculo será dirixido por Aarón Zapico e contará coa narración de Rocío de Lorenzo.

Inclúense cinco pases: os catro primeiros serán o xoves 1 e o venres 2 de febreiro (ás 10h e ás 12h) e serán enteiramente dedicados a centros educativos de infantil e primaria de Santiago e tamén da provincia da Coruña e incluso da provincia de Pontevedra.

Xa o sábado 3 de febreiro, ás 18h, o Auditorio de Galicia abre as súas portas para recibir a todos os públicos que teñan interese en coñecer as aventuras do astuto felino. As entradas custan 3€ e poden adquirirse nos despachos de billetes e a través da web compostelacultura.gal.

O Gato con Botas é un conto popular compilado en 1695 por Charles Perrault e conta a historia dun gato que, grazas a súa picardía, consegue a fortuna e man dunha princesa para o seu amo, totalmente pobre. Desde a súa publicación, en 1697, no seu libro Contos de Antano, que dedicou e regalou á sobriña de Luís XIV, tivo moito éxito.

A música proposta para este espectáculo é o repertorio musical francés dos séculos XVII e XVIII que será, tamén, protagonista xunto a unha recreación de personaxes e escenografía que nos remiten coa súa estética á época do Rei Sol.  

Post navigation

Previous: Santiago(é)Tapas forma aos baristas da cidade
Next: Ames presenta a programación de Entroido

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.