Padrón, 5 de marzo do 2018 – O corredor do Club Ciclista Padronés Cortizo Anova, Raúl García de Mateos, da categoría elite, converteuse esta fin de semana en Campión de España de Duatlón media distancia.
O Duatlón disputouse esta fin de semana en Orihuela, Alicante. A proba consistiu en completar 16 kilometros de carreira a pe, seguidos de 65 en bicicleta e outros sete a pe. Raúl García conseguiu unha vantaxe no sector ciclista que puido manter nos últimos kilómetros da proba chegando a meta cun tempo de 2:58:59.
A proba discorreu polo entorno da cidade e, no último tramo a pe, polo casco histórico de Orihuela. Aínda que non fixo vento a chuvia deixouse notar durante toda a proba. Raúl García tivo que aguantar no último tramo o tirón de Dani Bayón, del Academia Civil Club Natación Santa Olaya, que remontou desde a quinta posición que tiña no paso pola segunda transición ao posto final no segundo caixón do pódium.