Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Dodro
  • Xeral

Ramón F. Reboiras presenta en Dodro “El chevrolet de Pessoa”

dodro presentacion libro reboiras 7 agosto 2024

Axenda, 7 de agosto do 2024 – O escritor e xornalista Ramón F. Reboiras volve este mércores ao seu pobo para presentar o seu novo libro “El chevrolet de Pessoa”. A cita na Casa da Cultura de Dodro ás oito da tarde.

No seu novo volume Reboiras toma uns versos do poeta luso Pessoa como fío condutor da novela “Na estrada de Sintra, cada vez máis preto de Sintra. Na estrada de Sintra, cada vez menos preto de min”. Por medio deles conta escenas dunha vida que se extingue, instantes nos que un pode atopar humor, compañeirismo e familia.

Ramón F. Reboiras presentou “El chevrolet de Pessoa” o pasado mes de marzo en Madrid nun acto no que foi entrevistado pola xornalista Karmentxu Marín, escoitáronse os poemas de Pessoa na voz de Marta Barriuso e contou coa presencia, entre outros, do Director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez.

Ramón F. Reboiras (San Xián de Laíño, Dodro, 1961) foi xefe da sección de cultura de El Independiente, director de Cinemanía, redactor xefe de Rolling Stone e director cultural da Fnac en España. Columnista na edición galega de El País, colaborou en Babelia e Harper’s Bazaar e foi director da revista de viaxes Orizon. Na actualidade dirixe a revista mensual Tinta Libre.

Post navigation

Previous: Teo destinará 200.000 euros ao arranxo de varias rúas dos Tilos
Next: “Feito en Santiago”, unha marca para o comercio de Compostela

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.