Lalín, 22 de outubro do 2021 – O Museo etnográfico Casa do Patrón, en Doade, acolle este sábado a presentación do libro “Patrimonio inmaterial de San Pedro de Doade” de Rafael Quintía Pereira.
A presentación de “Patrimonio inmaterial de San Pedro de Doade” terá lugar as doce do mediodía e contará coa presenza do autor, Rafael Quintía Pereira, do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e do xerente da Casa do Patrón, Manolo Blanco.
O Museo Etnografico Casa do Patrón é un Museo no Rural, con máis de 2.000 m2 de exposición. Distribuídas en tres edificios e 14 salas o museo expón máis de 6.000 pezas recollidas por toda a xeografía galega. Na actualidade traballa na incorporación de novas salas temáticas.
Rafael Quintiá
Rafael Quintía Pereira traballa como antropólogo profesional. Foi membro fundador do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca e tamén fundador e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). E vicepresidente da Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural (AGANTRO). Dirixiu a publicación Fol de Veleno. Revista de historia e etnografía de Galiza,[2] herdeira do fanzine Fol de Veleno que fundou no ano 2006.
É profesor-titor de Antropoloxía na UNED nas materias de Antropoloxía da Relixión e Antropoloxía Económica no Grao de Antropoloxía Social e Cultural. E tamén imparte Antroploxía cultural nos graos de Psicoloxía e Traballo Social.
Ten publicados 18 libros dedicados á antropoloxía e o patrimonio galego. No eido audiovisual ten participado en varios documentais e bandas sonoras. Entre os premios acadados está o XVIII Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo, o Ramón Piñeiro de ensaio ou o XX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais.