Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Radio Cos e Lagharteiras no Gaias o Día da Música

Radio Cos despídese dos escenarios no Gaias na data de celebración do Día Europeo da Música

Compostela, 15/06/2026 – O vindeiro 21 de xuño a Cidade da Cultura organiza unha xornada para celebrar o Día Europeo da Música. A cita contará con Radio Cos, unha das bandas máis recoñecidas da música de raíz dos últimos vinte anos, e coas voces e pandeiretas da premiada agrupación Lagharteiras.

As actividades organizadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude inclúen un obradoiro práctico, impartido polo mestre de danza Serxio Cobos, quen afondará nas conexións dos bailes galegos con estilos doutras épocas e rexións do mundo.

O Xardín do Teatro acollerá, no día máis longo do ano, un tarde completa de música e baile que rende homenaxe á tradición galega e a conecta coa contemporaneidade.

As actividades arrincarán co taller Agarrad@s e non só, a partir das 16,30 horas, para o que xa están abertas as inscricións, de balde, na web da Cidade da Cultura. Baixo a guía de Serxio Cobos, farase un repaso das influencias e lazos que ritmos como o valse, o pasodobre ou a polca manteñen con bailes do noso folclore, como a muiñeira corrida ou a mazurca de Moaña.   

A celebración do Solsticio Musical seguirá coa música de Lagharteiras, que subirán ao escenario ás 19,00 horas. O grupo de Mos conta cunha longa traxectoria na recuperación, conservación e divulgación do canto tradicional galego e da pandeireta. O seu traballo fíxoas merecedoras de numerosos galardóns, así como que C. Tangana contara con elas para o tema Oliveira dos cen anos, composto para conmemorar no ano 2023 o centenario do RC Celta de Vigo.

Despedida de Radio Cos

No peche da xornada os protagonistas serán Radio Cos, que actuarán a partir das 20,30 horas. O proxecto que iniciaron Xurxo Fernandes e Quique Peón (voz e percusión) hai xa 21 anos despídese este verán logo de editar dous discos (Radio Cos, 2013 e Pasatempo, 2016) e percorrer escenarios de Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galicia combinando música tradicional e sonoridades populares nun directo cheo de forza, humor e reinterpretación do patrimonio musical galego.

Para este concerto no Gaiás ambos volven reunirse con Pedro Lamas na gaita e saxo, Nikolay Velikov no violino e Roberto Comesaña no acordeón para facer un repaso dos seus grandes éxitos, oito anos despois do seu último concerto.

Ambas actuacións serán con acceso libre e de balde ata completar a capacidade do Xardín do Teatro da Cidade da Cultura.

Post navigation

Previous: O PXOM de Padrón volve ao centro do debate
Next: Compostela presenta a campaña do Orgullo

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.