Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ordes

Seguen as queixas polas deficiencias en centros de saúde

O socialista Aitor Bouza levou ao Parlamento a situación do centro de saúde de Ordes

O socialista Aitor Bouza levou ao Parlamento a situación do centro de saúde de Ordes

Ordes, 29/04/2026 – As queixas polo estado dos centros de saúde son tan habituais que comezan a deixar de ser nova. Este pasado luns o BNG de Teo convocaba unha concentración diante do de Calo; antes o concello de Val do Dubra enviaba unha carta á Consellería pola supresión do servizo os sábados pola mañá; o mesmo motivo serve aos socialistas de Porto do Son para unha recollida de sinaturas…

Tamén o PSdeG ven de levar ao Parlamento de Galicia o estado do Centro de Saúde de Ordes. Os socialistas esíxelle á Xunta de Galicia que o rehabilite con particular atención ás pingueiras que existen na consulta de pediatría.

publicidad concello de rois santo isidro 2026

 O Deputado Aitor Bouza explicaba que “O noso grupo municipal leva traballando xa insistentemente para que se poña solución á situación absolutamente calamitosa que hai no centro de saúde nos últimos anos”.

Bouza salienta que se trata dunha consulta “na que van nenos e nenas e que a día de hoxe non se atopa nas condicións adecuadas”, que carece dunha “salubridade e unha seguridade adecuadas”. “Non podemos obviar que realmente a seguridade dos nenos e das nenas para unha atención digna e en condicións óptimas é máis que necesaria”, engade.

“Esiximos, polo tanto, solucións inmediatas e que se incorpore tamén unha partida orzamentaria neste propio exercicio”, apunta Bouza, “para que se poida acometer todas estas rehabilitacións, que non son de agora, non son novas, e que son coñecidas por parte da Xunta de Galicia”. “O único que fai é mirar cara outro lado mentres os nenos e nenas de Ordes teñen que ir cun chuvasqueiro para poder ser atendidos no centro de saúde”, conclúe.

Post navigation

Previous: A Deputación prepara a campaña turística centrándose no eclipse de agosto
Next: Padrón convoca o XII Certame Poético Rosalía de Castro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.