Vila de Cruces, 29 de novembro do 2021 – O BNG de Vila de Cruces levou a pleno unha moción que establece un calendario de accións concretas para averiguar que sucedeu cos mapas Hilgen.
Os mapas do Legado Hilgen foron cedidos polo concello de Lalín a Vila de Cruces para formar parte dunha exposición no Museo da Minería de Fontao no ano 2012. En xuño de 2018 todo a exposición foi trasladada de novo a Lalín Pazo de Liñares pero os mapas desapareceran. O concelleiro de Lalín en funcións Francisco Vilariño, reclamaba por carta formal ao goberno do entón alcalde Jesús Otero, a devolución do material extraviado.
Jan Dirk Hilgen
Hilgen foi un xeógrafo holander que conseguiu a súa cátedra grazas aos traballos desenvoltos na serra do Candán. Desde o 1958 ata finais do anos 80′ acudía cada verán para recoller mostra que estudaba en inverno no seu país. Cando morreu cedeu todo o seu patrimonio que vai desde máis de mil cincocentas fotografías ata mostras e instrumentos ópticos. O seu amor pola zona fixo que unha das súas últimas vontades foi que as súas cinzas estiveran nos montes do Candán.
A desaparición
O material pendente de devolver é un conxunto de 51 mapas que non foron reintegrados co resto da colección. O voceiro do BNG; Alejandro Fiuza, explica que en quel momento o seu grupo fixo un escrito, que presentou ao concello, co fin de que se buscaran as pezas e se devolveran antes do cambio de goberno que se produciu posteriormente. Nin se obtivo resposta ao escrito, nin o concello de Lalín recuperou os mapas extraviados.
Na citado requirimento do concello lalinense reiteraba que, de non atoparse as pezas, o concello de Vila de Cruces debería abonar economicamente o seu valor, segundo o establecido no seguro que debera estar contratado cando se cederon as pezas ao Museo de Fontao.
Os nacionalistas engaden que ” a investigación das causas do extravío destas pezas de incalculable valor xeográfico, patrimonial e histórico desaparecidas debería terse feito xa no seu momento, evitando así o agravio económico que poida supoñer e a vergoña de non ser capaces de protexer bens de elevadísimo valor na comarca”.
As reclamacións, tanto do concello de Lalín como da Valedora do Pobo, tiveron uha resposta en agosto pasado cando o actual alcalde, Luís Taboada, comprometeuse á creación “dunha comisión de investigación inmediata” pero, denuncian, catro meses despois non existe.
A proposta que o BNG leva a pleno reclama a creación da comisión pero engade que se constitúa no mesmo pleno. A moción marca unha serie de datas concretas para que en 18 días se recolla toda a documentación que exista e se poña a disposición do pleno. Que cinco despois da recollida da información se reúna a comisión para analizar a documentación. A petición engade que en esa reunión se elabore unha lista das testemuñas que se estime que poidan aportar información (responsables da xestión do Museo da Minería, becarios/as que estiveron a cargo, e membros do goberno encargados da xestión do material exposto, persoas que tiveron acceso aos locais do Museo, etc.) e que a secretaría municipal recollerá acta dos acordos.
Según a mociión as testemuñas deberían comezar a declarar en 20 días e esa fase non debería exceder dos quince. No interrogatorio cada comparecente expoñerá a súa versión do acontecido e logo na fase de preguntas os membros da Comisión disporán de varias quendas. A partir do remate das declaracións a comisión o secretario elaboraría u informe en menos de 20 días.
En vista do informe, a Comisión acordará un pleno extraordinario no que se dará conta do ditame e acordará nese mesmo pleno recorrer a vía xudicial, con todas as consecuencias. Así como a trasladar o ditame en resposta ao concello de Lalín e ao requirimento emitido pola Valedora do Pobo ao alcalde de Vila de Cruces. A reunión da Comisión terá lugar nun prazo máximo de 5 días naturais, unha vez recibido o informe do secretario.
A moción foi finalmente aprobada por unanimidade e constituída a Comisión que estará formada por Julio López, Carmen Silva, Álex Fiuza e Jesús Otero. A secretaria conta cun mes para recopilar a información.