Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Que foi do parking do CHUS?

O PSdeG denuncia a falta de avances na construción do novo parking do CHUS e que os problemas de aparcamento seguirán no 2026

compostela psoe denuncia aparcamento chus 23 decembro 2025

Os problemas de aparcamento do Complexo Hospitalario Universitario poden parecer recentes pero naceron coa infraestrutura. En xullo do 2009 abría o parking subterráneo cuns prezos que votaban atrás á maioría do usuarios.   

Dezaseis anos despois o problema segue sendo o mesmo, máis graves se cabe se pensamos nas urxencias. Este servizo imprescindible tivo durante un tempo unha pequena zona para os acompañantes que acabou por desaparecer.

O acordo entre concello de Santiago e Xunta de Galicia abría unha esperanza para os usuarios do CHUS e para toda a zona coa concreción do Plan Integrado de Actuacion, PIA. A realidade é que os avances non chegan.

O Deputado socialista Aitor Bouza denuncia esta parálise e advirte de que no 2026 non se solucionaran os problemas de aparcamento “Rematamos este ano 2025 coa evidencia de que a Xunta de Galicia recoñece, cos pasos que está dando, que no ano 2026 non veremos nin a obra nin a solución que realmente precisa a cidadanía de Santiago de Compostela para este caos absoluto”.

Segundo explicou, a situación no entorno do hospital afecta de maneira diaria a “traballadores e traballadoras, ás familias que teñen que acudir ao CHUS e a toda a veciñanza”, sen que se estean dando respostas acordes ás demandas formuladas desde hai anos.

Voto en contra

O dirixente socialista cualificou a situación de “absolutamente negativa” e lembrou que o Partido Popular votou en contra dunha emenda para dotar o aparcamento do CHUS dun orzamento específico. “Borja Verea, presidente do PP en Santiago de Compostela, votou en contra dunha proposta que buscaba avanzar canto antes nunha solución real”, sinalou.

Bouza insistiu en que o PSdeG reclama un aparcamento “en condicións, con cabida para a veciñanza, os usuarios e os propios traballadores”, pero subliñou que, mentres esa infraestrutura non se execute, é imprescindible actuar de maneira inmediata.

Así mesmo, Bouza reclamou á Xunta que cumpra cos compromisos adquiridos. “Esiximos á Xunta de Galicia que se axilicen os trámites para que se poidan ver canto antes cumpridas as promesas que fixo o señor Rueda”, afirmou.

Prazos

Para poñer en contexto  a situación actual e bo lembrar a lentitude da administración en xeral. O acordo entre concello de Santiago e Xunta anunciábase en xullo do 2024 e asinábase en agosto de ese mesmo ano.

O pasado 28 de novembro a Xunta adxudicaba a redacción do proxecto (non a construción) por 1,8 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses, o que implica que ata decembro do 2026 previsiblemente non existirán planos do que se quere facer.

Post navigation

Previous: A Mina de Touro podería solicitar á Unión Europea ser considerado proxecto estratéxico
Next: Oroso abre ao tránsito peonil a Praza Isaac Díaz Pardo

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.