Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Músicas na linde
  • Xeral

Que e quen no Apóstolo 2026

compostela programación apostolo 15 xullo 2026

Compostela, 15/07/2026 – As festas do Apóstolo comezarán o vindeiro día 22 e rematarán o 31. Unha programación de concertos, pasarrúas, xogos, atraccións, fogos de artificio e festa, moita festa.

Un dos clásicos das Festas do Apóstolo é a crítica aos concertos. Da igual o ano, o goberno municipal, o artista… sempre hai algunha crítica porque nunca chove a gusto de todos, por moito que en Compostela a chuvia sexa arte.

Imos intentar poñer en contexto a algúns dos artistas  para que non pase o do ano que veu Rosalía, que todo o mundo preguntaba quen era e ao final está onde está e aquí a desfrutamos antes que os demais.

O cartel

É moi subxectivo o que imos dicir pero o cartel das Festas do Apóstolo posiblemente sexa dos máis bonitos dos últimos anos. A ilustradora compostelá Iria Aldegunde é a autora e quixo render homenaxe, así llo pediron desde o goberno municipal, a Camilo Díaz Baliño.

A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, lembrou que este verán se compren 90 anos do asasinato de Díaz Valiño, así coma o de Lorca ou Ánxel Casal, entre as vítimas do golpe militar do 36. Nese tempo, Díaz Baliño levaba dez anos sendo o autor dos carteis das festas compostelás.

Iria Aldegunde recorreu ás palabras de Vicente Risco para aludir aos catro elementos que configuran a composición na obra de Díaz Baliño: o casamento do Ideal coa Tradición, da Esperanza coa Lembranza. Neste caso a Tradición atópase na Catedral, púrpura como o traxe dos cardeais e que reflicte a fe, a paz e a liberdade; a cor verde da Esperanza está na noria, un dos elementos máis icónicos  das festas compostelás, que representa a alegría precisa para seguir adiante; e a Lembranza, na figura feminina central, inspirada no icónico cartel de Díaz Baliño en prol do Estatuto de Galicia.

A programación

A dicir da concelleira de festas a programación ofrece calidade e diversidade cultural nunha proposta diversa e inclusiva que conxuga cultura local con manifestacións artísticas chegadas doutras latitudes.

Entre o 22 e o 31 de xullo, pasarán polo escenario da Quintana, entre outros, a Real Filharmonía, Julian Marley, Belem Tajes, Lila Downs, La Perra Blanco, o mellor do flamenco, Bewis de la Rosa, Eris Mackensie, Shego e The Rapants.

As atraccións estarán na Alameda entre o 19 de xullo e o 2 de agosto con tres días de horario inclusivo sen ruído para que poidan ser accesibles a todas as persoas. A Festa Pícara será nesta ocasión no parque de Galeras o xoves 23.

Queda no misterio quen será o pregoeiro, (os rumores sobre si terá tempo para chegar o día 22 apuntarían a certo futbolista compostelán que atópase nos Estados Unidos de viaxe pero son todo meras especulacións… ou non.)

Finalmente non será Borja Iglesias pese a que era unha das opcións, tal e como adelantamos, os tempos non dan para que chegue, pero seguro que en vindeiras edicións será un dos candidatos.

Os artistas

Dependendo dos gustos de cada quen o cabeza de cartel das Festas do Apóstolo pode ser un, unha, uns… comecemos por alguén cun apelido que non engana. Julian Marley e fillo de Bob Marley e Lucy Pounder. Aínda que creceu ao marxe do núcleo familiar máis estable do seu pai, co paos dos anos comezou a relacionarse cos seus irmáns chegando a montar unha banda e mantendo boas relacións e colaborando en proxecto cruzados de varios deles.

Con seis discos publicado e dúas nominacións aos Grammy, saca no 2023 “Colors of royal”. Un disco que mantén os ritmos reggae aínda que avanza nunha música moito máis complexa na que atopar trazas de rock ou música electrónica.

A seguinte artista é máis cunha cantante, é unha activista e unha representa da América Latina máis combativa. Lila Downs é, ademais de antropóloga, unha das figuras máis relevantes da múxia mexicana. Con varias nominacións aos Grammy é tamén unha referencia na loita social, defensora dos pobos indíxenas e en campañas medio ambientais.

Downs v de protagonizar un dos grandes momentos da inauguración do Mundial de Fútbol 2023 en Máxico, interpretando o tema “One Heartbeat” e vestindo o  huipil tradicional de Chiapas  

La Perra Blanco é puro rockabilly e pura rebeldía. Leva anos xirando e publicando discos e hai pouco recoñecía estar un pouco sorprendida por ser telonera en menos dunha semana de Canela e de ZZ TOP, un récord difícil de superar.

Ten cinco discos publicados, o último “Lovers & Fears” este mesmo ano. Soul, rhythm & blues, rock, ou rockabilly e unha parte do que podemos atopar en concertos que non deixan indiferente.

Seguimos con Shego,  unha banda musical española de indie rock formada en 2020. Os seus compoñentes son: Irene Garry (voz e guitarra), Raquel Cerro (voz e guitarra), Charlotte Augusteijn (baixo) e Elena Sabio (batería). O nome do grupo, Shego, rende homenaxe á carismática vilá da serie de animación Kim Possible.

Detrás da gravación do seu primeiro disco está o galego Carlangas, que recibiu as súas maquetas e apostou por elas abríndolle as portas de Ernie Records. Dous discos e un EP, distintas nominacións e premios como o de “mellora gravación de rock no 2024”.

Case rematamos con Carlos Eirís, coñecido artísticamente como Eris MacKenzie, é un produtor, compositor e cantante galego que mistura a electrónica con sons da tradición musical galega. Mediante a integración de elementos de electrónica -minimal, techno, hardstyle, etc- con ritmos tradicionais, alalás e outras músicas, o artista narra as súas experiencias persoais, con crueza e sensibilidade.
Tras a publicación do álbum “Meu Ceu” (2025), singles, versións de clásicos da música galega e estatal, e colaboracións con De Ninghures, C Mirazo ou Pauliña, Eris MacKenzie, sorprende coa súa visión de temas que foron éxito décadas atrás, semella unha mestura de Rodrigo Cuevas e Ortiga. 

Dicimos que case rematamos porque de The Rapants non hai moito que dicir despois de que encheran o Multiusos de Sar e converteran nunha discoteca. De Muros, cunha forza que crece en cada disco e dispostos a liala na Quintana o día 31, pouco máis que dicir.

Moito máis

As Festas do Apóstolo terán como sempre o Trad Fest, as Xornadas de Folclore, os Fogos do 24 e o 31, o videomapping no Obradoiro, O Día do Traxe, as orquestras na Alameda, cinema ao aire libre no rural e no parque do Restollal, a Real Filharmonía de Galicia ou os concertos do programa Peregrinos Musicais.

Como en anos anteriores haberá un Punto lila na Alameda do 22 ao 31 de xullo de 20.00 a 1.00 horas e tres días de atraccións sen ruído: de 17 a 19 horas os días 21, 28 e 29. 

Hai variedade e diversidade que fai que calquera pode atopar cousas que lle gusten.  Dentro de pouco estará publicado o programa completo por días e horas pero o básico o tedes a continuación.

MÉRCORES 22 xullo

20 H CONCERTO REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Baldur Brönnimann, director

Lada Bockova, soprano

PRAZA DA QUINTANA

21.30 H PREGÓN desde o balcón do Pazo de Raxoi

PRAZA DO OBRADOIRO

XOVES 23 xullo

10 H – 12 H  ALBORADA a cargo dos Muiñeiros do Sarela

DO AVÍO DE ARRIBA Á PRAZA DE VIGO

12 H  MOSTRA DE DANZA URBANA  AVD 173 – ESTUDIO DE DANZA URBANA

PRAZA DA QUINTANA

21 H  CONCERTO  JULIAN MARLEY

PRAZA DA QUINTANA

22 H  ORQUESTRA FINISTERRE

ALAMEDA

FESTA PÍCARA

17.30 H   Apertura de xogos e obradoiros

18 H  Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona

19.30 H    Concerto de Gramola Gominola

21 H    Fin de festa con peche de xogos e obradoiros

PARQUE DE GALERAS

VENRES 24 xullo

10 H – 12 H  ALBORADA a cargo da A.C. Pana Raiada

DA PONTEPEDRIÑA A SAN FIZ DE SOLOVIO

ENCONTRO DE XIGANTES E CABEZUDOS

12 H   Praza da Quintana

12.30 H   Praza do Toural

21 H  CONCERTO  BELEM TAJES  LILA DOWNS

PRAZA DA QUINTANA

22 H  ORQUESTRA COMPOSTELA

ALAMEDA

23.30 H  ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO

ALAMEDA

CIDADE DA CULTURA

PARQUE CARLOMAGNO

00 H, 00.15 H, 00.30 H, 00.45 H, 01 H, 01.15 H,

01.30 H, 01.45 H E 02 H

VIDEOMAPPING

PRAZA DO OBRADOIRO

SÁBADO 25 xullo. DÍA DO APÓSTOLO

12 H  COMPARSA DE CABEZUDOS

TEATRO PRINCIPAL

Percorrido: rúa Nova, praza das Praterías, Fonseca,

rúa do Franco, praza do Toural, rúa Nova, Caldeirería,

Praza de Abastos, praza de Cervantes, Santo Agostiño,

rúa Travesa, Casas Reais, Preguntoiro, Fonte Sequelo e

rúa Nova

21 H  XORNADAS DE FOLCLORE GALEGO

A. F. CANTIGAS E AGARIMOS

A. F. COLEXIATA DE SAR

G.B.M.T. BRINCADEIRA

O.C.T. ULTREIA

PRAZA DA QUINTANA

22 H  ACTUACIÓN  TANIA VEIRAS E OS CUMBIAPOP

ALAMEDA

23 H, 23.15 H, 23.30 H, 23.45 H, 00 H, 00.15 H,

00.30 H, 00.45 H E 01 H

VIDEOMAPPING

PRAZA DO OBRADOIRO

DOMINGO 26 xullo

TRADFEST

RUADAS durante toda a xornada con

Trópico de grelos e Os enxebres de San Lázaro.

Horarios definitivos en www.folque.com

12 H   CONCERTO BMSC HORIZONTE TRADI

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE  SANTIAGO DE COMPOSTELA

David Fiuza, director

María López, gaita e zanfona

Nuno Estévez, acordeón

Ernesto Martínez, voz e frauta

Pedro Lamas, arranxos

PRAZA DA QUINTANA

12.30 H   ANA ALCAIDE A maxia dos instrumentos antigos

IGREXA DA UNIVERSIDADE

13.30 H   MARTIN BRUHN presenta “FOLCLORE”

PRAZA DE MAZARELOS

16 H    VOX STELLAE

IGREXA DA UNIVERSIDADE

17 H   FERRINHAS BRAVAS

17.45 H   FAISCAS DA PONTRAGA

18.45 H   OS DA PORFÍA

PRAZA DE MAZARELOS

19.45 H   O GAJO

IGREXA DA UNIVERSIDADE

20.30 H  ALAN MACDONALD & CHICK MACAULEY + FRIENDS

PRAZA DE MAZARELOS

CONCERTO

22 H   FELISA SEGADE

23 H   X.M.BUDIÑO

PRAZA DA QUINTANA

DÍA DO TRAXE

11.45 H  Desfile de traxes tradicionais

Percorrido: Alameda, rúa do Vilar, praza das

Praterías, rúa da Conga, Preguntoiro, praza

de Cervantes e Acibechería.

13 H  Misa en SAN PAIO DE ANTEALTARES.

14 H  Recepción na CASA DO CONCELLO.

16 H  Concentración de participantes no certame de traxes na hospedería de SAN

MARTIÑO PINARIO.

19.15 H  Desfile de traxes tradicionais dende SAN MARTIÑO PINARIO ata a PRAZA DA QUINTANA.

19.45 H Exhibición, concurso de traxes e entrega de diplomas.

23 H, 23.15 H, 23.30 H, 23.45 H, 00 H, 00.15 H,

00.30 H, 00.45 H E 01 H

VIDEOMAPPING

PRAZA DO OBRADOIRO

LUNS 27 xullo

13 H  DÍA DE PADRÓN EN SANTIAGO

BANDAS MUNICIPAIS DE MÚSICA DE PADRÓN E SANTIAGO

PRAZA DO OBRADOIRO

2O H  COMPOSTELA CINEMA

FLOW  Dirección: Gints Zilbalodis

PRAZA DA LAVACOLLA

2O H CONCERTO PEREGRINOS MUSICAIS

HORIZONTES ATLÁNTICOS

Jean Johnson, clarinete (Escocia)

Ilona Timchenko, piano (España)

TEATRO PRINCIPAL

21 H  CONCERTO  LA PERRA BLANCO

PRAZA DA QUINTANA

22 H  COMPOSTELA CINEMA

SIRÂT  Dirección: Óliver Laxe

PRAZA DA LAVACOLLA

MARTES 28 xullo

10 H – 12 H  ALBORADA a cargo da A.C. O Castro de Figueiras

DE SALGUEIRIÑOS Á PRAZA DO 8 DE MARZO

17 A 20 H  XADREZ AO AIRE LIBRE

Partidas amistosas, lentas ou rápidas, de todos os

niveis e idades.

Inscrición gratuíta na zona de xogo.

ALAMEDA  

20 H COMPOSTELA CINEMA

WALLACE Y GROMIT: LA VENGANZA

SE SIRVE CON PLUMAS

Dirección: Nick Park e Merlin Crossingham

PRAZA DA VECIÑANZA DA GRACIA

2O H  CONCERTO PEREGRINOS MUSICAIS

SÉCULOS DO VIOLÍN

Serguei Milstein, violín (Francia)

Alexander Arutjunian, violín (Portugal)

PRAZA DE SAN MARTIÑO PINARIO

21 H  CONCERTO  FESTA XITANA GALEGA

A TARARA

PRAZA DA QUINTANA

22 H  COMPOSTELA CINEMA

SAN SIMÓN

Dirección: Miguel Ángel Delgado

PRAZA DA VECIÑANZA DA GRACIA

MÉRCORES 29 xullo

10 H – 12 H  ALBORADA a cargo da A.V. As Brañas de Andrés

DAS FONTIÑAS Á PRAZA DA INMACULADA

17 A 20 H  XADREZ AO AIRE LIBRE

Partidas amistosas, lentas ou rápidas, de todos os

niveis e idades.

Inscrición gratuíta na zona de xogo.

ALAMEDA

22 H COMPOSTELA CINEMA

A GALIÑA TURULECA

Dirección: Eduardo Gondell e Víctor Monigote

EXTERIOR DO CENTRO CULTURAL DE BERDÍA

2O H  CONCERTO PEREGRINOS MUSICAIS

MAPAS MUSICAIS

Marco Rinaudo, piano (Italia)

Stefano Visintainer, piano (Italia)

TEATRO PRINCIPAL

21 H  CONCERTO BEWIS DE LA ROSA ERIS MACKENZIE

PRAZA DA QUINTANA

22 H  COMPOSTELA CINEMA

ROMERÍA

Dirección: Carla Simón

EXTERIOR DO CENTRO SOCIOCULTURAL DE BERDÍA

XOVES 30 xullo

10 H – 12 H  ALBORADA a cargo da A.C. Pena Maior de Marrozos

DE CONXO Á PRAZA DE FONSECA

17 A 20 H XADREZ AO AIRE LIBRE

Partidas amistosas, lentas ou rápidas, de todos os

niveis e idades.

Inscrición gratuíta na zona de xogo.

ALAMEDA

20 H  COMPOSTELA CINEMA

NOCTURNA

Dirección: Adrià García e Víctor Maldonado

PARQUE EUGENIO GRANELL

21 H CONCERTO SHEGO

PRAZA DA QUINTANA

22 H  ORQUESTRA COSTA DORADA

ALAMEDA

22 H   COMPOSTELA CINEMA

RONDALLAS

Dirección: Daniel Sánchez Arévalo

PARQUE EUGENIO GRANELL

VENRES 31 xullo

10 H – 12 H  ALBORADA a cargo da A.C. Grupo Novo Río Sarela

DE VISTA ALEGRE Á ALAMEDA

21 H  CANTOS DE TABERNA

XIRANDAINA

SAN LÁZARO

OS ESTALOTES

RÚA DE SAN PEDRO

22 H  CONCERTO  THE RAPANTS

PRAZA DA QUINTANA

22 H  ORQUESTRA SUAVECITO

ALAMEDA

23.30 H  ESPECTÁCULO PIROTÉCNICO  DE FIN DE FESTA

ALAMEDA

Post navigation

Previous: A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate
Next: Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.