Compostela, 22 de novembro do 2023 – O grupo socialista ven de solicitar que se retome un proxecto de reordenación de Xoán XXIII que habilitaría un carril bici e 100 prazas de aparcamento.

O proxecto fora preparado no anterior mandato e consensuado coa asociación de veciños As Marías, da rúa Espírito Santo. O Psoe municipal considera que o remate das obras na rúa Pastoriza é un bo momento para retomar este proxecto.
O voceiros socialista, Gonzalo Muíños, explica que se trata dun proxecto que non require dun gran investimento, pero que serviría “para pacificar o tráfico ao tempo que se da resposta ás necesidades de aparcadoiro que teñen na zona”.
Muíños engade que cun simple cambio na sinalización vertical e horizontal da zona; pasaríanse de 23 a máis de 100 prazas de aparcamento en superficie. A proposta modifica as prazas en liña a outras en batería. O proxecto contempla reducir os dous carrís a un só en cada sentido e na outra marxe incorporar un carril bici. Gonzalo Muíños di tamén que se trata de “dar resposta ás necesidades de aparcamento dunha zona de edificios antigos que, na súa maioría, non teñen aparcamento propio”. A proposta será levada ao vindeiro pleno municipal.
