[columns]
[column size=”2/3″]O Psoe de O Pino denuncia que no último ano, é a terceira vez que os concellos de O Pino e Touro teñen sen cubrir o servizo de pediatría ante as ausencias dos facultativos.[/column]
[column size=”1/3″]Fonte: Psoe O Pino[/column]
[/columns]
O Pino, 22 de novembro do 2016 – Os concellos de Touro e O Pino comparte servizo de pediatría (luns, mércores e venres hai consulta no Centro de Saúde de O Pino, e os martes e xoves no Centro de Touro), e tamén comparten a problemática de quedar, reiteradamente, sen servizo.
No que vai de ano, é a terceira vez que os pacientes pediátricos se atopan, por sorpresa, cos carteis “Pediatría no pasa consulta”, afirman os Socialista de O Pino. O motivo, o Sergas non cubre as ausencias dos facultativos, esta situación, está a ser reiterada, sobre todo este ano, pasou no mes de maio, setembro e agora a finais de novembro. A única medida que se toman dende a consellería é chamar por teléfono os pais dos cativos comunicándolle a anulación da consulta, “así de sinxelo, resolve os problemas a consellería de sanidade” denuncia o PSOE local.
Os socialistas de O Pino, lembran, que o Sr. Alcalde, no pasado mes de setembro se mostraba indignado, e desmentía tales feito. “Que é o que ten que dicir agora? volvemos a mesma situación, ausencia de pediatra ao que se suma a ausencia dun médico de medicina xeral, igual que no setembro pasado”, apuntan.
