займ срочно

Levan ao Parlamento de Galicia o arranxo da cuberta do polideportivo de Dodro

0

Bisbarra, 6 de outubro do 2023 – O grupo socialista denunciou no Parlamento a “arbitrariedade” da Xunta no reparto de fondos da Consellería de Deporte que ignora desde hai anos as necesidades de Dodro.

A parlamentaria socialista Noa Díaz pediulle á Xunta que asuma a reparación da cuberta do polideportivo de Dodro, que o concello non pode asumir polo elevado custe. Díaz preguntou na Comisión Institucional do Parlamento as razóns para ignorar esta obra cando asume a totalidade do orzamento de actuacións semellantes noutras localidades.

Díaz explicou que a dirección xeral do Deporte leva dende 2020 sen atender ás peticións do Concello de Dodro e “non son quen de asinar un convenio que sexa o máis proporcional posible aos recursos dispoñibles do concello”. Lembrou que o proxecto de reforma ten un custe de 200.000 euros, que son “inasumibles” para un Concello que manexa un orzamento de 2,7 millóns de euros.

A socialista engadiu que o alcalde, o socialista Xavier Castro, ten mantido reunións co secretario xeral para o Deporte sen ter obtido ata o momento ningún resultado práctico, xa que “aseguran que poderían colaborar no financiamento, pero non de maneira suficiente, e moito menos asumindo cada administración un terzo do custe, como parece propoñer a Xunta”.

Noa Díaz advertiu ademais que o concello está sendo excluído de tódalas peticións de subvencións que ven de solicitar. Criticou tamén que a Xunta “non teña dúbida á hora de facer excepcionalidades con outros concellos que están na súa meirande parte gobernados polo PP, e aos que lles cobren a totalidade dos gastos”.

Noa Díaz subliñou que a cuberta deste pavillón do Concello de Dodro se atopa nun estado moi deficiente, con serios problemas de condensación e pingueiras, mala iluminación e mala acústica. Todos estes problemas, explicou, loxicamente non permiten a práctica de moitas modalidades deportivas, e as que xa existen non poden desenvolverse en determinadas épocas do ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies