Bisbarra, 4 de xuño do 2024 – O mal estado e o perigo do CEIP Barrie de la Maza de chegan de novo ao Parlamento acompañados polos problemas do Pepe Xan Baña.
Os arranxos no Barrie de la Maza os pediu a comunidade escolar, o concello, os levou ao Parlamento o BNG e agora os volve a levar o Psoe. Os socialistas presentan hoxe unha moción na que engaden obras de mellora no CEIP Pepe Xan Baña “para non chegar á situación de abandono que sofre o anterior centro mencionado”.
As preguntas que leva aparellada a moción socialista son as seguintes:
– Pensa a Xunta acometer este ano a reforma integral necesaria do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba?.
– Que valoración fai a Consellaría de Educación do estado dese centro educativo?
– Pensa que o estado dese centro non supón ningún risco para a saúde e seguridade da súa comunidade educativa?
– Cal é a razón de que a Consellaría de Educación non conteste os numerosos escritos que lle ten enviado a comunidade educativa do CEIP Barrié de la Maza?
– Valora o Goberno galego realizar este verán obras de mellora no CEIP Pepe Xan Baña de Santa Comba?
– É certo que a Xunta de Galicia non realiza obras de mellora no CEIP
Pepe Xan Baña porque ten intención de pechar ese centro educativo?
Haberá que estar atentos ás respostas da Xunta de Galicia.
Moción unánime en Santa Comba
Ao mesmo tempo o pleno municipal de santa Comba aproba por unanimidade unha declaración socialista que contou co apoio da oposición do PP. Foi un dos numerosos intentos de sacar ás autoridades competentes da Xunta de Galicia un compromiso firme con unha reforma que a estas alturas todos os estamentos da comunidade xalleira consideran inaprazable e urxente.
O alcalde Alberto Romar agradeceu a boa disposición da oposición e agarda que ante a unión de todos os estamentos municipais as autoridades competentes tomen por fin a ansiada decisión de levar a cabo unha reforma integral nun colexio que non só a precisa, si non que tamén non pode agardar máis.