Compostela, 11 de outubro do 2017 – O Psoe ven de preguntar a Xunta de Galicia polos planes para o Centro Galego de Desenvolvemento Integral, Cegadi, situado en Compostela e programado hai 10 anos.
Os socialistas explican no texto da pregunta que o Cegadi, situado no barrio compostelá de Salgueiriños, programouse no ano 2007 co obxectivo de ser un centro de vangarda, pioneiro no Estado para o tratamento integral da discapacidade. O complexo está preparado para facilitar a mobilidade e tratamento de persoas dependentes, e dotado de múltiples espazos e servizos, todos encamiñados á promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidades físicas e a súa integración e desenvolvemento social.
O Cegadi ofrecerá asistencia para persoas dependentes, aínda que, nos seus locais haberá locais administrativos, formativos, de rehabilitación, de investigación e de recursos de apoio. A previsión era que cando estivera a pleno rendemento podería atender a un total de 162 persoas con discapacidade ao día: setenta das súas prazas serían para formación; 60 destinaríanse para habilitación funcional, emocional e psicosocial; e as 32 restantes para residencia. Ademais, o proxecto contemplaba unha zona de cafetería e de comedor, que estaría aberta ao público da cidade.
Os socialistas din tamén que o centro segue pechado na actualidade malia que as obras,supuxeron un investimento de máis de 13 millóns de euros. Na Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020, continuación e consecuencia do primeiro plan, non se fai mención á apertura do Cegadi como parte dos obxectivos para executar neste período.
O Psoe pregunta ao executivo galego porque motivo o Cegadi sigue pechado, a que se debe o retraso na posta en marcha do centro, cando está previsto que abra o Cegadi, que modelo de xestión terá, si algunha entidade solicitou facerse cargo da xestión dos espazos do centro, e finalmente que número total de empregados e empregadas públicas formarán parte do cadro de persoal do Cegadi.
O documento está firmado polos deputados Noela Blanco Rodríguez, Xoaquín Fernández Leiceaga e Julio Torrado Quintela.