A Baña, 15 de abril do 2017 – O Psoe de A Baña ven de solicitar unha reunión urxente na que se aclare a situación e o destino da Casa Reitoral de San Mamede de Monte.
O Psoe presenta a iniciativa despois de que na última semana a ex conselleira Rocío Mosquera anunciara de que o edificio será destinado a fogar para nenos discapacitados, información que segundo os socialistas non foi comunicada a corporación.
O Psoe de A Baña considera que ” Os primeiros coñecedores desta información teñen que ser os veciños e veciñas do municipio bañés a través das canles institucionais correspondentes e dos seus represnetantes políticos locais”.
A casa reitoral de Monte está cedida polo Arzobispado ó Concello de A Baña e o edificio foi restaurado e acondicionado con cargo ao concello. O seu uso, segundo declaracións do alcalde, sería o de vivenda sociocomunitaria para uso e beneficio dos veciños de.
O Psoe reclama que unha decisión como esa sexa consensuada coa corporación xa que afecta os interese da veciñanza do Concello e polo tanto non debería ser tomada de forma unilateral e, segundo os socialistas, a calada, coma se houbese algo que agochar.
O Psoe solicita un pleno extraordinario para dar respostas a unha serie de preguntas e cuestións:
1.- Este novo uso da casa reitoral de Monte
2.- ¿Que é a asociación Anxiños?, ¿quen a forma ou a dirixe?
3.- ¿Como se vai financiar no futuro dita vivenda?
4.- ¿Cantos cartos se levan invertidos en dito inmóbel, xa sexa a través de subvencións, ou achegas directas do Concello?
5.- Si o inmóbel ten toda a documentación en regra para poder vivir nela.
6.-Si vai haber algún convenio entre o Concello e a asociación que vai dispor da vivenda? E si o hai, ¿cal é?
7.- ¿Por que se fai pública esta información noutro Concello e nun acto privado, presentación de viños, que nada ten que ver co tema?¨
Polo momento desde o concello non se emitiu ningún comunicado como resposta a esta demanda.