Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Proxecto Europeo TiBeRIUM

A Universidade Da Coruña, a través do Citeec, participa no lanzamento do Proxecto Europeo Tiberium

Presentación do proxecto TiBeRIUM

A Coruña. 19/05/2026 – “Titanium and Beryllium for European Resilience and Innovative Utilization of Minerals”, TiBeRIUM,  é o nome do proxecto que se acaba de presentar e no que participa a Universidade da Coruña.

TiBeRIUM pretende reforzar a sustentabilidade e resiliencia europea na utilización innovadora de materias primas clave para o desenvolvemento tecnolóxico e a defensa europea. O Consorcio de Investigación que levará a cabo esta investigación está formado por 25 socios europeos, aos que se suman dous centros de investigación de Casaquistán e Uzbekistán.

O proxecto TiBeRIUM, concedido pola Comisión Europea en xaneiro deste ano, celebrou esta semana a súa Kick-off Meeting, encontro que marca oficialmente o inicio dos traballos do consorcio internacional responsable do seu desenvolvemento.

TiBeRIUM está liderado pola Universidade Alemá da Minaría de Freiberg, e reúne a entidades académicas, tecnolóxicas e industriais de distintos países europeos co obxectivo de realizar investigación aplicada e desenvolver solucións innovadoras orientadas a mellorar a resiliencia, a seguridade e as capacidades operativas no ámbito da extracción de materias primas de utilidade no desenvolvemento tecnolóxico avanzado e a cooperación interdisciplinar entre institucións europeas.

A participación da UDC canalízase a través do CITEEC, centro de referencia en investigación e innovación tecnolóxica, que achegará a súa experiencia en análise do comportamento humano, sustentabilidade e desenvolvemento de solucións tecnolóxicas aplicadas a contornas complexas e de alta esixencia.

O equipo da Universidade da Coruña dentro do proxecto está liderado polo Catedrático Dr. Ricardo García Mira, referente internacional en psicoloxía social e ambiental aplicada, cuxa traxectoria investigadora estivo estreitamente vinculada ao estudo da interacción entre as persoas, a tecnoloxía e a contorna.

O seu liderado de TiBeRIUM permitirá reforzar a contribución da UDC en ámbitos relacionados co factor humano, a toma de decisións e a adaptación das solucións tecnolóxicas a contextos operativos complexos. Na reunión participaron tamén o Profesor Fernando Bruna, da Facultade de CC. Económicas, e a Dra. Nailya Saifulina da Universidade de Santiago de Compostela, ambos os dous investigadores do ECOBAS.

Con esta participación, a Universidade da Coruña consolida a súa presenza en proxectos estratéxicos europeos de alto impacto e reafirma o seu compromiso coa investigación colaborativa, a innovación e a transferencia de coñecemento ao servizo dos grandes retos da sociedade europea.

Post navigation

Previous: O ERE en Nestlé Pontecesures preocupa na bisbarra
Next: Manuel María será homenaxeado no espectáculo “As rúas do vento ceibe”

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.