Bisbarra, 3 de maio do 2023 – A protectora de animais Moura, unha das máis antigas do Barbanza, organiza un mercadillo solidario para recadar fondos o vindeiro día 7.

Moura está situada na pobra do Caramiñal. Será nos xardíns de Valle Inclán, en esa vila, nos que se situarán os postos entre as once e as oito da tarde.
No mercado participarán máis de vinte negocios, a maioría da Pobra pero tamén doutros municipios da contorna. Estes comercios achegarán distintas doazóns para axudar á protectora Moura.

O obxectivo de este mercado solidario é sufragar os gastos veterinarios que na actualidade ascenden a case 10.000€. Ao longo do ano realizan actividades como esta para conseguir o seu fin.
Podedes poñervos en contacto coa protectora Moura e saber mais deles na súa web https://protectoramoura.es/ .