Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

15 propostas veciñais sobre mocidade nos orzamentos de Compostela para o 2017

As concelleiras na presentación das propostas de mocidade

Encontros interculturais e de cultura urbana, cine ao aire libre, lecer alternativo ou propostas que impulsan a igualdade de xénero figuran entre as máis votadas dos orzamentos participativos de Mocidade de Compostela

As concelleiras concelleiras de Facenda, María Rozas, e de Mocidade, Noa Morales. na presentación das propostas de mocidade

Santiago de Compostela, 9 de novembro do 2016 – Unha comisión técnica e veciñal fará seguimento das propostas finalistas, que se incluirán no borrador do Orzamento municipal de 2017. Do resultado do proceso deron conta en rolda de prensa as concelleiras de Facenda, María Rozas, e de Mocidade, Noa Morales.

Ao remate do proceso dos orzamentos participativos, cos resultados xa das propostas de actividades máis votadas en Mocidade, a concelleira de Facenda, María Rozas, lembrou que o Goberno local ten “o compromiso coa veciñanza de incluílos no borrador de Orzamentos para 2017, e así o levaremos a pleno”.

Rozas amosou a súa satisfacción pola participación acadada, malia a que “os tempos foron apurados e houbo que retrasar o inicio do proceso por mor da campaña electoral”. En total, foron 1.726 persoas as que participaron, con dereito a voto, no proceso de Compostela Decide, sendo a área rural a que máis participación acadou. Ao longo destes meses, dende xuño, 145 persoas participaron propoñendo, debatendo ou axudando a autorregular o proceso nos encontros do grupo motor, da mesa de propostas ou nas asembleas presenciais.

A concelleira quixo lembrar que “na experiencia pioneira dos orzamentos participativos, en 1989 en Porto Alegre, participaron 400 persoas. Quince anos despois eran 20.000, e a día de hoxe son centos de miles”. Trátase, para Rozas, “dun proceso de maduración no tempo, de aprendizaxe política e técnica e tamén para toda a xente interesada en participar”.

Rematada a fase de votación, o proceso continúa coa convocatoria dunha comisión de seguimento das propostas finalistas ao longo do próximo ano. A concelleira de Facenda explicou que esta comisión terá dous perfís: político a través do Consello de Relacións veciñais e técnico e veciñal, para analizar e controlar o estado e o desenvolvemento de cada proxecto. Confirmou que as persoas cuxas propostas saíron finalistas “amosaron xa o seu interese en estar no proceso”, pero tamén veciños e veciñas con propostas que non foron as máis votadas.

A Administración local, espazo privilexiado para os OP 
O domingo rematou o proceso de votación das actividades de Mocidade, onde podían participar todas as persoas que tivesen entre 16 e 35 anos e estivesen empadroadas en Santiago ou ben estudasen na cidade. A participación incrementouse a respecto do proxecto piloto do ano pasado, e foron 148 as persoas mozas que votaron neste exercicio, priorizando 10 propostas das 49 que había para escoller.

Os 100.000 euros para Mocidade supoñen, en palabras da concelleira de Mocidade, Noa Morales, unha “moi boa ferramenta de participación directa para a mocidade, sobre todo a nivel local”. “Os orzamentos participativos encontran un espazo privilexiado para poder implementalos, xa que é a administración coa que a cidadanía, a mocidade neste caso, ten o contacto máis directo”.

En total, as propostas de actividades presentadas sumaban 372.000 euros, polo que se escolleron as quince máis votadas:

1. II Encontro internacional da cultura xamaiquina, africana e galega.
2. Aulas de autodefensa para mulleres.
3. Ciclo de cine ao aire libre.
4. Elas tamén pintan.
5. Boas Noites: lecer nocturno para a xuventude. Compartindo talento e creando rede.
6. Aulas de educación canina e actividades con cans.
7. As Cancelas Primavera Fest.
8. Curso de Lingua de Signos Española LSE.
9. Mes da cultura urbana – Obradoiros de breakdance,graffiti, parkour, skate, beatbox, rap, turntablism e personalización de gorras trucker.
10. Tamén é machismo.
11. Campamento Xuvenil Urbano.
12. Espazos Resistencia_Humanización de Espazos en edificios de uso colectivo.
13. Festival de Músicas do Mundo.
14. Xornadas Lúdicas de Ocio Alternativo.
15. Club de xogos de mesa, estratexia e rol.

Post navigation

Previous: Torneo de Outono de béisbol no concello de Teo
Next: Investigadores da USC atopan unha identidade xenética de 5 séculos

Máis novas

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.