Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Xeral

Programación de Nadal no concello de Arzúa

arzua programacion de Nadal 5 de decembro do 2025

O concello de Arzúa preparou para este Nadal unha variada programación na que todas as idades poden atopar un oco para desfrutar nunha época tan especial.

As actividades de Nadal comezarán o sábado 13 de decembro na Libraría Anagrama que acollerá a presentación do libro Umbral y candado, trátase do primeiro poemario publicado polo veciño de Arzúa Manuel Mariño Barreiro. O acto, apoiado polo Club de Lectura Municipal, comezará ás 17:00 h.

A programación contará este ano coa exposición dun Belén Artesán creado por Sinesia que se poderá ver na Capela da Madanela do 22 ao 30 de decembro en horario de 18:00 a 20:00 h., agás os días 24 e 25 que permanecerá pechada.

O Nadal tamén contará con actuacións de música, teatro e maxia. A primeira delas o martes día 23 na Casa da Cultura que acollerá a actuación do grupo Le BarLuthier cun espectáculo que mestura música en directo, comedia e coctelería sen alcohol ao estilo piano-bar; unha viaxe no tempo aos anos 30, 40, 50 con música jazz, swing, dixie, latina, etc. Para asistir será necesario reservar previamente contactando co Departamento de Cultura dende o martes 16.

A obra de teatro Testosterona da compañía Malasombra Producións chegará a Arzúa o venres 26 de decembro. Unha comedia que fala da desigualdade laboral entre o home e a muller cos grandes Luis Iglesia e Camila Bossa no elenco. Terá lugar ás 20:30 h. na Casa da Cultura.

Tamén na Casa da Cultura celebrarase o sábado 27 o concerto 25 anos de música co que a Rondalla Moraima pecha un ano de conmemoración con motivo de cumprirse un cuarto de século de vida da formación local. O recital comezará ás 19:00 h. e contará con artistas convidados.

O luns 29 aparecerá o Mago Antón para deleitar ao público co espectáculo O Mago Antón presenta 50 (1975-2025). Fará varios pases no magomóbil que estará instalado no Campo da Feira. Poderase asistir con acceso libre ata completar a capacidade ás 13:00, 17:00, 18:30 e 20:00 h.

O 5 de xaneiro a programación de Nadal pecharase coa Cabalgata de Reis. Os Reis Magos realizarán o clásico percorrido pola vila dende a Casa da Cultura ata o Multiusos Terra do Queixo, acompañados de animación, agasallos e moitas sorpresas. A saída da comitiva será ás 17:30 h. e rematará coa recepción a todas as nenas e nenos por parte das Súas Maxestades.

O concelleiro de cultura, José Luís García, convida a toda a veciñanza e visitantes a desfrutar desta programación na que se procurou “incluír actividades e espectáculos diversos, de calidade e accesibles para todas e todos, co fin de que toda a veciñanza se sinta incluída e motivada a participar e desfrutar dun ambiente festivo e acolledor”.

Post navigation

Previous: Programación de Nadal en Melide
Next: Ames inaugura o Nadal

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.