Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Melide
  • Xeral

Programación de Nadal en Melide

Presentación Nadal Cultural

Melide propón un Nadal no que a veciñanza teña un especial protagonismo. Como primeiro acto presentou a programación na Casa do Concello coa presencia de representantes de diversas asociacións culturais e deportivas da vila e a presidencia da concelleira de Cultura e Deportes, Ana Mosteiro e o alcalde José Manuel Pérez.

No acto destacouse o papel esencial do tecido asociativo melidense, que xunto coa administración local fai posible un “Nadal cheo de vida, identidade e participación”. A concelleira subliñou que “Melide conta cun asociacionismo vivo, creativo e colaborativo, que converte o Nadal nun proxecto colectivo e nun reflexo da forza cultural e social da nosa vila”.

Un Nadal con novidades, tradición e cultura

O Concello anunciou un programa que abrangue música, teatro, exposicións, danza, maxia, literatura, deporte e actividades para toda a familia.

Programación completa do Nadal Cultural

Sábado 13 decembro
▪ Festival de Panxoliñas – 19:30 h, Centro Sociocultural Mingos de Pita

Domingo 14 decembro
▪ As Desterradas – Teatro adulto, 19:00 h, Centro Sociocultural Mingos de Pita

6 decembro → 6 xaneiro
▪ Exposición de beléns nacionais e internacionais – Capela de San Antón (nova actividade deste ano)

15 decembro → 8 xaneiro
▪ Exposición Castelao. De Sempre en Galiza ao Consello de Galiza – Casa do Concello

Venres 19 decembro
▪ Concerto de Nadal – Conservatorio de Música de Melide – 19:00 h

Sábado 20 decembro
▪ Actuación de baile das Escolas Culturais – 18:00 h

Martes 23 decembro
▪ Berenguela na gaiola – Teatro +6 anos, 17:30 h

Sábado 27 decembro
▪ Inherente – Maxia familiar, 19:30 h

Domingo 28 decembro
▪ Concerto Fin de Ano – Orquestra Clásica de Vigo – 19:00 h
▪ Baile con Suso de Boente (Centro Social)

Martes 30 decembro
▪ De Vilatriste a Vilalegre – Teatro de monicreques, 17:30 h

Mércores 31 decembro
▪ Carreira San Silvestre – Praza do Convento

Venres 2 xaneiro
▪ Rosa e Azul – Contacontos teatralizado +3, 17:30 h

Sábado 3 xaneiro
▪ Baile con Trío Son Remolino (Centro Social)

Luns 5 xaneiro
▪ Cabalgata de Reis de Melide + Belén Vivente –

17:30 h: saída do pazo de Congresos

18:30 h, recepción real no belén vivente (Pazo de Congresos)

Actividades destacadas do Nadal

O concello destaca ademais unha serie de propostas que, pola súa relevancia cultural, a súa novidade ou o seu arraigamento social, consideran eixos centrais deste Nadal:

As Desterradas (14 de decembro) – Obra de teatro para público adulto, con dirección de Quico Cadaval e un elenco de gran nivel artístico. Un thriller histórico que traerá a Melide unha proposta escénica de primeiro nivel.

teatro  / adulto  / 90 min19:00 h, centro sociocultural Mingos de Pita

No século XVI, unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dubidan en difamalas e ameazadas por todos os medios, dende o tribunal da Inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas súas rutinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos. 

A heroica resistencia daquelas freiras chega agora encarnada nun elenco que conforman Belén Constenla, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira iluminadas por Laura Iturralde e dirixidas por Quico Cadaval.

Concerto de Fin de Ano da Orquestra Clásica de Vigo (28 de decembro) – A formación orquestral máis antiga de Galicia despedirá o ano coa suite O quebranoces de Chaikovski, un clásico imprescindible destas datas.

Música / Todos os públicos  / 70 min 19:00 h, centro sociocultural Mingos de Pita

É a formación orquestal máis antiga de Galicia. O director artístico Manuel Martínez Álvarez-Nava está ao frente da formación desde os seus comezos, destacando o interese continuado pola promoción e posta en valor do talento emerxente local.

Despide o ano a Orquesta Clásica de Vigo cun concerto dedicado ao gradisimo compositor P. I. Chaikovski, interpretando unha obra fundamental no seu repertorio: a Suite do quebranoces, unha obra enmarcada nas celebracións do Nadal que abraia coa mellor música sinfónica a maiores e pequenos.

Cabalgata de Reis de Melide (5 de xaneiro) – Un dos momentos máis emocionantes para pequenos e maiores, con Belén Vivente grazas a colaboración da Asociación cultural Charamela.

Exposición Castelao. De Sempre en Galiza ao Consello de Galiza
 (casa do Concello · 15 decembro → 8 xaneiro) 9:00 a 20:00 h. Entrada da casa do Concello de Melide

Unha mostra que pon o broche á conmemoración anual adicada á figura de Castelao e á súa traxectoria política e literaria.

Con motivo do Ano Castelao, que conmemora o 75º aniversario da súa morte, Melide acolle a exposición “Castelao de ‘Sempre en Galiza’ ao Consello de Galiza 1934-1944”. A mostra percorre cronoloxicamente a actividade política e literaria de Castelao desde 1934, cando asina os seus primeiros artigos no desterro estremeño, ata 1944, ano da publicación da primeira edición de Sempre en Galiza e da fundación do Consello de Galiza, do que foi primeiro presidente.

A exposición consta de oito paneis con materiais documentais e bibliográficos que resumen o pensamento político de Castelao.

Tradición Consolidada En Melide, organizada polo tecido asociativo

Festival de Panxoliñas — organizado pola Coral Polifónica de Melide

Concerto de Nadal — Conservatorio de Música de Melide

Actuación de baile  — Escolas Culturais Municipais

Carreira San Silvestre Melidense — Organizada pola Asociación Deportiva Cerne

Exposición de Beléns nacionais e internacionais — Asociación Terra do Medio (Capela de San Antón · 6 decembro → 6 xaneiro)

Como novidade dentro da programación organizada polo tecido asociativo, estrease a presenza desta nova asociación na programación cunha mostra única de beléns procedentes do mundo e do territorio nacional.

Música, danza e espectáculos familiares

O Concerto de Nadal do Conservatorio de Música de Melide celebrarase o 19 de decembro no Centro Sociocultural Mingos de Pita, ofrecendo unha mostra do traballo do alumnado e profesorado do centro .

A danza será protagonista o 20 de decembro, coa actuación das escolas culturais de ballet creativo, danza contemporánea e danzas urbanas, nun espectáculo familiar cheo de cor e movemento.

Para o público infantil e familiar haberá diversas propostas:

Berenguela na gaiola, teatro +6 anos, o 23 de decembro

Maxia con Marcos Waldemar e o seu espectáculo Inherente, o 27 de decembro. Organiza Waldemar Capital. Compra de entradas en entradium.com.

Teatro de monicreques De Vilatriste a Vilalegre, o 30 de decembro

O contacontos teatralizado Rosa e Azul, o 2 de xaneiro, na Biblioteca Municipal Xosé Vázquez Pintor

Actividade deportiva

O 31 de decembro celebrarase unha nova edición da Carreira San Silvestre Melidense, organizada pola Asociación Deportiva Cerne, con saída desde a Praza do Convento e categorías para todas as idades.

Actividades de lecer no Nadal

As crianzas de Melide poderán gozar dun programa de ocio educativo os días 22, 23, 26, 29, 30 de decembro e 2 de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00 h. (Inscricións do 2 ao 5 de decembro).

Post navigation

Previous: Reclaman no Parlamento unha nova depuradora para Dodro
Next: Programación de Nadal no concello de Arzúa

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.