займ срочно

Un profesor do IES de Ames pide que se retome un Consello Escolar suspendido de xeito irregular pola dirección

0

Ames, 25 de xullo do 2017 – Un profesor do IES de Ames reclama que un Consello Escolar suspendido de xeito irregular pola dirección sexa de novo convocado e rematados os puntos pendentes.

Os pais que reclaman cambios nos itinerarios emitiron no día de un onte un comunicado informando do comunicado presentado, tamén onte, por un profesor do IES de Ames que reclama que se retome o Consello Escolar suspendido o 30 de xuño. Un día antes o mesmo profesor contactou coa directiva da ANPA para que se sumara a petición pero a secretaria dixo “estar de vacacións e polo tanto desconectada ata finais de agosto”.

O escrito de este profesor do IES de Ames explica tamén por que a suspensión do Consello Escolar foi irregular nos seguintes termos:

AO EQUIPO DIRECTIVO DO IESP DE AMES

—————————- profesor do IES Plurilingüe de Ames, e membro do seu Consello Escolar;

EXPÓN:

Que o día 30 de xuño de 2017 ás 18.30 horas tivo lugar un Consello Escolar no cal se levaban os

seguintes puntos do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, das actas anteriores.
  2. Informe da Dirección
  3. Gastos de funcionamento. Orzamento 2017.
  4. Cesión de espazos.
  5. Cafetería do centro.
  6. Rogos e preguntas.

Dado que un dos puntos que se tratou neste Consello Escolar foi o dos itinerarios que a Dirección deste centro Educativo quere iniciar no curso escolar 2017-2018 foi moi discutido por moitos dos membros alí presentes, a duración do Consello Escolar prolongouse máis de dúas horas. Chegado as

21.00 horas a Directora do Centro, dona María Soledad Louro Lestón, sinalou que debido á normativa era obrigatorio rematar ese Consello Escolar.

Tras consultar distintas fontes indícaseme que non existe normativa ningunha que indique que os Consellos Escolares non poden durar máis de 2 horas seguidas, ao contrario do que a directora indicara.

Pero máis alá diso, a Directora do Centro enunciou ante todos os membros presentes nese Consello Escolar que dito Consello Escolar se retomaría ao final do mes de Xullo.

Dado que para finalizar este mes só quedan 5 días, xa que un deles é festivo, e o Consello Escolar hai que convocalo cun prazo mínimo de tempo

SOLICITO:

Que tal e como indicou a Directora do IES Plurilingüe de Ames se volva a retomar o Consello Escolar que non se puido rematar o día 30 de xuño de 2017, por tres razóns fundamentais:

  1. a) xa que de non facelo a Directora estaría faltando a verdade e ao seu compromiso ante todos os membros do Consello Escolar
  2. b) no último dos puntos de rogos e preguntas moitos profesores fixeron chegar unha serie de escritos que queren que se fagan públicos ante todos os membros do Consello Escolar. Se este Consello Escolar non se levara a cabo estes profesores e profesoras do IES non terían a oportunidade de expresarse.
  3. c) o funcionamento democrático do centro require que todos os sectores do centro poidan expresar a súa opinión e sometela á consideración do Consello. Non dar esa oportunidade fai que o ambiente de traballo se deteriore e que a responsabilidade recaiga en exclusiva na Dirección do centro que toma o Consello Escolar como un mero órgano decorativo.
Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies