Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Produtos do mar e control sanitario nos Luns do Ateneo

A conferencia estará impartida por Covadonga Salgado, directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

ateneo produtos sanitarios 14 marzo 2026

Compostela, 14/03/2026 – O Ateneo de Santiago organiza o vindeiro luns, ás 19.30 horas e coma sempre na Rúa do Vilar, 19, unha nova sesión do ciclo Luns do Ateneo coa conferencia titulada «Seguridade e salubridade dos produtos do mar».

A charla será impartida por Covadonga Salgado, directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), quen abordará os sistemas de control e as garantías sanitarias que permiten asegurar a calidade dos produtos mariños.

O INTECMAR é o organismo público responsable do control da calidade do medio mariño en Galicia e da aplicación da lexislación técnico-sanitaria sobre os produtos do mar. Entre as súas funcións destacan o seguimento das patoloxías que afectan aos moluscos bivalvos, a vixilancia das biotoxinas mariñas e a observación do océano, así como a actuación fronte a episodios de contaminación mariña accidental.

O seu labor sitúa a Galicia á vangarda no ámbito do control sanitario mariño e resulta fundamental para a economía das zonas costeiras, especialmente para o marisqueo e a acuicultura, ao garantir a comercialización segura dos moluscos producidos no país.

Covadonga Salgado Blanco é doutora en Ciencias Químicas e licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras unha estancia predoutoral na Universidade de Berkeley, desenvolveu unha longa traxectoria profesional na administración pública galega, ocupando diferentes responsabilidades en ámbitos relacionados coa saúde pública, o control alimentario e a seguridade laboral.

Dende abril de 2009 dirixe o INTECMAR, institución á que leva vinculada máis de 25 anos e que foi designada en 2021 pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria como Laboratorio Nacional de Referencia de Biotoxinas Mariñas.

Ademais de participar en numerosos proxectos de investigación e publicacións científicas, colaborou como experta internacional en inspeccións e programas formativos da Unión Europea e en consultorías da FAO.

Post navigation

Previous: Santa Comba licita a construción do futuro Centro de Día
Next: A Deputación destina colabora no mantemento dos CSC de Santiago

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.