Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Negreira

Problemas de accesibilidade, humidades, instalación eléctrica… no CEIP O Coto de Negreira

A Deputada Saleta Chao con representantes do Coto

A Deputada Saleta Chao con representantes do Coto

Negreira, 23/04/2026 – A deputada do Bloque Nacionalista Galego, Saleta Chao, levou ao pleno do Parlamento de Galicia a situación do CEIP O Coto de Negreira. Chao exixiu ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, unha “rehabilitación integral e urxente” do centro e denuncio que acumula anos de “absoluto desleixo” por parte do goberno autonómico.

A deputada nacionalista detallou as múltiples deficiencias estruturais do CEIP O Coto: incumprimento da normativa de accesibilidade, cun ascensor que mesmo ten escaleiras nalgúns niveis; unha instalación eléctrica obsoleta que provoca continuos apagóns diarios, comprometendo equipos electrónicos e a refrixeración de alimentos e medicación; auga marrón polas tubaxes; humidades, buratos nas portas e deterioro xeral de pavimentos e corredores.

Saleta Chao tamén lembrou que a comunidade educativa leva “moitos anos loitando” por unha actuación definitiva, obtendo só “parches” que non resolven os problemas de fondo. Criticou ademais que, a pesar de que o BNG rexistrou unha iniciativa o 25 de marzo, a Delegación Territorial de Educación visitou O Coto o 15 de abril “como se fose a primeira vez que escoitaban falar do tema”, e lamentou que o novo delegado –a quen acusou de ter “méritos en machismo e apoloxía do franquismo”– non asumise ningún compromiso concreto.

“Señor conselleiro, ten pensado impulsar a rehabilitación integral deste centro ou van seguir mirando para outro lado?”, preguntou Chao, que subliñou o recorte orzamentario en infraestruturas educativas por parte da Xunta.

Post navigation

Previous: Retraso no pago das bolsas de comedor que se asignan en Compostela
Next: Músicas na Linde: Fillas de Casandra presentan “Tertúlia”

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.