Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Xeral

Primavera EcoBosque” no Banquete de Conxo

Primavera ecobosque desenvolvese esta semana no Bosque de Conxo e no río Sar

Compostela, 24/03/2026 –  O Concello de Santiago, a través do departamento de Emprego, pon en marcha a “Primavera EcoBosque”, un programa de actividades que se desenvolverá entre os días 25 e 29 de marzo de 2026 no ámbito do Banquete de Conxo e o río Sar.

“Primavera EcoBosque” inclúe rutas guiadas, actividades de ciencia cidadá, observación de aves, propostas divulgativas sobre morcegos e varias xornadas de voluntariado ambiental para a retirada de especies invasoras.

A programación busca aproveitar o inicio da primavera como un momento especialmente propicio para reforzar o vínculo da cidadanía co territorio e para achegar o coñecemento e o coidado da natureza a públicos diversos, combinando divulgación, participación activa e experiencias directas no medio natural.

Nesta edición, o programa conta coa colaboración de entidades e profesionais como SEO BirdLife, Asociación Morcegos de Galicia, MarMar Outdoor, Sistemas Medioambientales, SL, Adega e Enrique Alvarellos, que contribúen ao desenvolvemento das distintas actividades previstas.

“Primavera EcoBosque” comeza mañá mércores cunha ruta guiada polo Banquete de Conxo en horario de mañá e cunha xornada de voluntariado ambiental para a retirada de especies invasoras, concretamente Tradescantia, tamén pola mañá.

O xoves 26 celebrarase a actividade Falando de Morcegos, en horario de mañá, que poderá desenvolverse no propio centro educativo ou no CERSIA, así como un BioBlitz no Banquete de Conxo tamén pola mañá.

Esa mesma xornada terá lugar a Noite de Morcegos, unha ruta interpretativa en horario nocturno, entre as 19.00 e as 22.00 horas, con punto de encontro no Mosaico do Banquete de Conxo.

O venres 27 de marzo repetirase a combinación de ruta guiada polo Banquete de Conxo e voluntariado ambiental en horario de mañá. O sábado 28 haberá unha nova xornada de voluntariado para a retirada de invasoras pola mañá e, xa pola tarde-noite, celebrarase a Hora do Planeta ás 20.30 horas. Finalmente, o domingo 29 de marzo, o programa pecharase cunha actividade de observación de aves ás 10.00 horas na zona do Banquete de Conxo, da man de SEO BirdLife.

Primavera EcoBosque ten tamén unha dimensión educativa destacada. O Concello xa remitiu información sobre a programación aos centros de educación primaria e secundaria da cidade, co obxectivo de facilitar a participación do alumnado nalgunhas das propostas previstas, especialmente nas actividades vinculadas á educación ambiental, á biodiversidade e ao coñecemento do territorio.

As persoas interesadas en participar ou solicitar máis información poden dirixirse ao correo bosque@santiagodecompostela.gal, que figura tamén nos materiais informativos da campaña. No caso da Noite de Morcegos, o cartel da actividade lembra ademais a conveniencia de asistir con roupa e calzado cómodo e levar lanterna, se se dispón dela.

O proxecto EcoBosque, impulsado polo Concello de Santiago de Compostela e subvencionado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través da Fundación Biodiversidade, ten como obxectivo mellorar e renaturalizar a contorna do río Sar, poñendo en valor un enclave de alto interese ambiental e histórico.

A través de accións de restauración ecolóxica, divulgación e participación cidadá, o proxecto pretende fomentar unha relación máis consciente e respectuosa coa natureza.

Post navigation

Previous: 9Louro e a orquestra Nueva Línea nas Festas de Pascua de Padrón
Next: 177 contedores máis para a Mancomunidade Serra do Barbanza

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.