Compostela, 28/04/2026 – A sala Capitol de Santiago acolle este xoves a presentación da “Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia”.
Trátase dun programa de actividades de enoturismo desenvolvido, de maneira conxunta e simultánea, no cinco grandes territorios vitivinícolas galegos: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras.
Durante cinco fins de semana entre os meses de maio e xuño poderanse facer visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes nesta promoción. Todas terán as súas portas abertas durante a fin de semana da campaña.
Ao finalizar a visita ofreceranche como regalo unha degustación dalgúns dos seus viños. Tamén se poderán atopar diferentes establecementos de restauración onde escoller menús concibidos especialmente para a ocasión, harmonizados con viños da Denominación de Orixe que se visite.
En cada Ruta poderase realizar un completo plan de actividades durante a fin de semana: autobuses do viño, catas comentadas, visitas a museos, rutas monumentais, paseos en barca, descontos en aloxamentos e outras accións relacionadas co mundo do viño.
Realizaranse tres visitas guiadas o sábado e unha o domingo co seguinte horario de atención ao público: Sábado 11:00 h, 12:30 h e 17:00 h; Domingo: 12:00 h.
As datas previstas nas distintas rutas son as seguintes:
Ruta Del Vino Monterrei del 8 al 10 de mayo
Ruta Del Vino Valdeorras del 15 al 17 de mayo
Ruta Del Vino Rías Baixas del 22 al 24 de mayo
Ruta Del Vino Ribeira Sacra del 29 al 31 de mayo
Ruta Del Vino Ribeiro del 5 al 7 de junio
