Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Baña

Presunto delito de falsidade documental do exalcalde da Baña Andrés García Cardeso

O concello da Baña ven de remitir un escrito á fiscalía por un presunto delito de falsidade documental do exalcalde Andrés García Cardeso.
Concello de A Banha DSC_0416 slide_r

Table of Contents

Toggle
  • A Baña, 22 de novembro de 2021 – O concello da Baña ven de remitir un escrito á fiscalía por un presunto delito de falsidade documental do exalcalde Andrés García Cardeso.
    • Un expediente nunca pechado
    • Unha licenza antes de tempo

A Baña, 22 de novembro de 2021 – O concello da Baña ven de remitir un escrito á fiscalía por un presunto delito de falsidade documental do exalcalde Andrés García Cardeso.

Os feitos remóntanse a setembro de 2014, cando Cardeso concedeu unha licenza para a celebración de eventos nunha edificación con protección de Patrimonio. No documento non está nin a sinatura do secretario municipal ni o número do decreto de concesión, sendo ambos os dous necesarios para que teña validez.

Un expediente nunca pechado

O documento presuntamente falsificado apareceu cando os propietarios solicitaron cambios na licenza para pasar de celebración de eventos a restauración. Cando se acudiu ao arquivo en busca do expediente de concesión de licenza, se descubriu que nunca fora pechado e que a licenza non fora concedida.

A solicitude da actividade implicaba reformas e, como consecuencia, informes municipais e de Patrimonio. Desde o ano 2010 emitíronse ata cinco informes municipais. As reformas foron denegadas en dúas ocasións por Patrimonio, que solicitou un informe dun técnico competente con fotografías sobre as modificacións a realizar.

Unha licenza antes de tempo

O 8 de outubro de 2014 o departamento de Patrimonio da Xunta de Galicia emite o terceiro e último informe desfavorable sobre as reformas na edificación. A partir desa data non se incorporou ningún documento máis ao expediente pero tampouco se emitiu unha resolución de peche.

Chama a atención que a licenza concedida polo alcalde, o documento presuntamente falsificado, se emitiu e se asinou o 30 de setembro, unha semana antes da última resolución negativa de Patrimonio.

O sucedido supuxo un risco evidente. A concesión dunha presunta licenza falsa, para eventos de ata cincocentas persoas, anulaba calquera tipo de seguro ou reclamación no caso de que sucedera algo.

Na actualidade, os propietarios, supostamente enganados no seu día, traballan agora na reposición da legalidade co fin de iniciar un novo expediente do xeito correcto.  

Post navigation

Previous: A rexeneración da mina de Touro chegará ao pleno da Deputación
Next: Volve a pista de xeo a Área Central

Máis novas

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

A BANHA OBRAS 28 SETEMBRO 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña remata a renovación da estrada entre Vilar da Torre e Val do Dubra

trail a banha (6)
4 minutes read
  • Xeral

O IX Trail da Baña entra na Serie Ouro do Trail Running Galego

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

A Baña recupera o servizo de normalizació lingüística que compartirça con Negreira
3 minutes read
  • A Baña

A Baña recupera o Servizo de Normalización Lingüística

Vista da Baña, imaxe de arquivo
2 minutes read
  • Xeral

A Baña destina máis de 600.000 € a melloras de estradas

Imaxe duha das edicións da PequeRachada da Baña
2 minutes read
  • Xeral

PequeRachada na Baña

Cartel anunciando a festa dos Maios na Baña
2 minutes read
  • A Baña

A Baña celebra unha nova edición dos Maios

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.