Brión, 2 de outubro do 2020 – O Presidente da Deputación da Coruña, Valentín Gonzalez, visitou Brión cunha dobre finalidade. Por un lado charlar co xa novo alcalde, Pablo Lago, e por outro coñecer a evolución do centro de coworking “Transformando Brión”.
Transformado Brión elabora xa 29 produtos distintos e é o o único en Galicia que permite aos pequenos produtores locais do sector agrícola transformar os seus produtos frescos en elaborados. Zumes de froitas, marmelo, patés, salsas, cremas de verduras ou kétchup son algunhas das elaboracións feitas con froitas e verduras das hortas da comarca que prevén comezar a comercializar este mesmo ano.
Colaboración institucional e coworking coma exemplo
Valentín Gonzalez desexou o mellor ao novo alcalde de Brión, Pablo Lago, e comprometeu un apoio e unha relación similar á mantida co ex rexedor José Luís García, presente tamén no acto
O novo alcalde agradeceu a boa disposición da Deputación e destacou a importancia do organismo provincial no desenvolvemento do concello
Sobre o coworking Valentín Gonzalez recoñeceu que cando se apoia un proxecto de este tipo nunca se sabe a súa viabilidade pero que en este caso demostrou ser un exemplo e un modelo a aplicar en espazos similares
Iniciativa pioneira
O coworking Transformando Brión ofrece un 29 elaboracións a base de froitas e hortalizas procedentes de pequenas explotacións agrícolas da comarca están xa preparadas para a súa comercialización, pendentes unicamente das analíticas de laboratorio e do etiquetado final para comezar a ser distribuídas ao público en tendas e puntos de venda especializados, feiras agrícolas ou restaurantes.
Zumes de uva, mazá pexego e limón, marmeladas de pementos, tomate ou uva, salsa de tomate, paté de berinxela, pementos asados, pisto, hortalizas encurtidas, crema de verduras ou mesmo kétchup son algúns dos primeiros produtos que sairán deste centro de Brión, axudando a dar saída e valor no mercado a moitos excedentes do agro local que antes de perdían.
Pero o espazo ten ademais un aula formativa na que xa se celebraron 19 cursos (máis de 390 horas) nos que participaron 318 persoas. O concello espera que o centro obteña este mesmo ano as autorizacións para comezar a comercializar estes primeiros produtos elaborados con froitas e verduras da comarca e que, no futuro, se poda ampliar a actividade coa produción de queixos, embutidos, conservas ou pan. Un futuro no que agarda poder contar tamén coa colaboración da Deputación na posta en marcha do matadoiro móbil de aves e coellos.