Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Preséntase en Historia o libro de cancións de Andrés Gaos

usc-libro-cancions-andres-gaos-slide-15-marzo-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 15 de marzo do 2019 –  No día que se cumpren 60 anos do seu falecemento e enmarcado nas numerosas actividades do Ano Gaos 2019, o grupo de música Organistrum da USC presenta hoxe na Facultade de Xeografía e Historia o libro Cancións para voz e piano de Andrés Gaos.
    • Andrés Gaos

Compostela, 15 de marzo do 2019 –  No día que se cumpren 60 anos do seu falecemento e enmarcado nas numerosas actividades do Ano Gaos 2019, o grupo de música Organistrum da USC presenta hoxe na Facultade de Xeografía e Historia o libro Cancións para voz e piano de Andrés Gaos.

O acto presentarao ás 19.30 horas na Aula Andrés Gaos (aula 12) o decano do centro, Francisco Durán; o editor das cancións, Joám Trillo, e a autora da introdución, Montserrat Capelán.

O libro recolle todas as cancións para voz e piano compostas polo autor, con excepción das patrióticas. Son en total 20 cancións, das que unha é galega, 9 son francesas e 10 en castelán, que van dende a súa primeira obra escrita en 1891 -cando contaba con apenas 17 anos- á última, pouco antes de falecer en 1959.

A publicación é unha boa mostra do estilo musical de Andrés Gaos Berea (1874-1959), considerado un dos mellores compositores galegos de todos os tempos, e na que se compendian as súas diferentes facetas compositivas.

Con esta presentación continúase co Ano Gaos 2019, que contará con importantes celebracións (exposicións, concertos, edicións, simposios, etc.) en diversas cidades galegas e que, por iniciativa da Universidade de Santiago, conta co apoio de institucións como a Xunta de Galicia, a Deputación e o Concello da Coruña, Afundación, o Consello da Cultura Galega, as orquestras Filharmonia de Santiago e Sinfónica de Galicia e o Centro de Radio Televisión de Galicia; ademais do grupo Organistrum, que patrocina o Ministerio de Economía e Competitividade e a Unión Europea.

Andrés Gaos

Considerado pola prensa como un neno prodixio, aos 12 anos Gaos consegue unha bolsa da Deputación da Coruña para estudar no Conservatorio de Madrid co violinista Jesús de Monasterio. Posteriormente marcha a París e Bruxelas, onde tamén estudará composición e será alumno de Eugène Ysaÿe, coñecido como ‘o rei do violín’.

Con só 20 anos fará a súa primeira xira por América, para terminar instalándose finalmente en Arxentina en 1895, país no que desenvolverá unha importante actividade educativa (creou o seu propio conservatorio en 1904), interpretativa (como solista e co seu cuarteto), como director de orquestra (foi, por exemplo, director da orquestra que representou Arxentina na exposición de París de 1937) e compositiva.

A súa obra compositiva é ampla. Con máis de 70 títulos inclúe repertorio escénico, orquestral, pianístico, para violín, para violoncello e para voz e piano. Ademais do repertorio arxentino, como o seu Tango ou a súa Danza argentina, compuxo un importante repertorio de temática galega como a súa Muiñeira, Aires gallegos, Rosa de abril (baseada nun poema de Rosalía de Castro) e a súa famosa Sinfonía nº 2, coñecida tamén como Suite Galaica ou En las Montañas de Galicia e coa que gañou o premio da Hermandad Gallega de Buenos Aires en 1953, o que lle valeu ser considerado un dos máximos representantes da música galega.

Post navigation

Previous: Exposición da Asociación de pintores coa boca e o pé no Centro Cívico do Ensanche
Next: Captain Marvel e o novo de Eastwood na crítica semanal de Mandingo

Máis novas

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

foto manuel martínez ONCE
5 minutes read
  • Compostela

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE na Galiza: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

compostela un banco para compartor 21 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Un banco para compartir en Compostela

museo do pobo a barca dos pepes 21 setembro 2026 (3)
6 minutes read
  • Xeral

Transfronteiriza no Museo do Pobo Galego

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.