Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Preséntase a Carpa Roxa de Nadal en Compostela

compostela imaxen nadal 5 decembro 2025

A medida que pasan os anos a Praza Roxa convértese na referencia, en canto a actividades, para o Ensanche de Compostela. A Carpa Roxa é unha vez máis o escenario desa zona este Nadal.

A concelleira de Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, e a concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao, presentaron a programación, que inclúe propostas musicais, sesións de cine, maxia ou diferentes obradoiros infantís.

Rozas explicou que a carpa e as actividades que programa “é clave tamén para a dinamización comercial, porque paseando a cidade é como a veciñanza se anima tamén a facer as súas compras de Nadal no comercio local”.

Pola súa parte Louzao apuntou que “este ano incrementamos a participación do departamento de Cultura nunha programación que aposta claramente polo talento compostelán e pola posta en valor da vida artística de Santiago”.

Miriam Louzao apuntou tamén que á participación de artistas locais en propostas como o Son Xove, “engádese a colaboración con entidades compostelás como Numax, a Semente, o Faiado de Nin ou o proxecto de improvisación teatral O Colectivo do Flow”.

A música, protagonista na “Carpa Roxa” do Nadal

Na programación da “Carpa Roxa” terá un especial protagonismo a música, con propostas que tiveron moi boa acollida en anos anteriores ás que se incorporan algunhas actividades novas.

As bandas dos locais de ensaio do Centro Xove da Almáciga volverá protagonizar o ciclo de concertos Son Xove. O primeiro deles será o venres 12, cunha Jam de Nadal na que subirán ao escenario, mesturadas, diferentes bandas do Centro Xove para ofrecer versións de temas coñecidos polo gran público.

No xoves 17, o concerto correrá a cargo de Xalundes e W3ird Nois3; o venres 18 será a quenda de Patrik e Paula Ferraz; e o 26 de decembro pecharán o ciclo Bareixa e Allo Negro. Todos os concertos comezarán ás 20.00 horas.

Nos sábados, volverán tamén os concertos de artistas e grupos galegos no Son Vermú, sempre ás 13.00 horas. O primeiro será este sábado, día 7, coa cantante e compositora ferrolá Lola India.

Despois dela virán o grupo de música tradicional Unto Vello, o día 13; Sofía Espiñeira co seu novo disco Xeografías, o día 20; e Laura Lamontagne, o 27 de decembro. O último Son Vermú, o 3 de xaneiro, correrá a cargo da artista viguesa Law, que presentará o seu primeiro traballo, “Esencial”.

A estas propostas musicais xa consolidadas dos venres e dos sábados, engádese este ano unha novidade: o ciclo “Eh!.. domingo!”, diferentes espectáculos participativos que chaman á diversión e sobre todo ao baile. Todas as sesións serán ás 18.00 horas.

A primeira cita será este mesmo domingo, día 7,  coa “Discoteca de señoras… e señores tamén” que ofrece festa e danza participativa da man da bailarina e directora escénica Marta Alonso.

A proposta contará coa colaboración musical de Camille, e a discoteca regresará o domingo 28 de decembro, desa vez coa participación de Señora DJ.  O ciclo “Eh!.. domingo!” contará tamén co dúo Eva e Camilo, o 14 de decembro; mentres que os domingos 21 de decembro e 4 de xaneiro a proposta xirará ao redor dun singular bingo musical, especial Lotaría de Nadal e especial Reis, que animarán a todas as persoas participantes a competir ao redor de temas musicais.

Ainda no apartado musical, pola “Carpa Roxa” pasarán tamén o grupo de corda compostelán Suzukiños, nun concerto previsto para o domingo 21 ás 12 do mediodía; e a banda viguesa Broken Peach, cun concerto especial de Nadal o martes 23, ás 18.00 horas.

Impro, maxia e cine na “Carpa Roxa”

Ademáis da música, a programación da “Carpa Roxa” mantén outras propostas que tiveron moi boa acollida no Nadal de anos anteriores, como as sesións de impro.

A primeira delas será xa hoxe, 5 de decembro, a cargo do Colectivo do Flow, formado por Pedro Placer, Carlota Mosquera, Antía Costas, Sergio Alfonso Agra, Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco.

No seu espectáculo, que comezará ás 18.00 horas, daranlle voz a elementos do Nadal que habitualmente non teñen voz propia, desde os alimentos típicos destas datas ata os adornos cos que decoramos as nosas casas. O Colectivo do Flow repetirá na “Carpa Roxa” o 27 de decembro.

Tamén volve á programación da “Carpa Roxa” a maxia, coas actuacións de Dani Polo, este sábado 6, ás 18.00 horas; e o Mago Rafa, o domingo 14, ás 12.00 horas.

Como novidade, este ano haberá cine na “Carpa Roxa” con dúas sesións de curtametraxes da man de Numax. A primeira delas, o 22 de decembro, estará dirixida ao público infantil, cunha selección de cinco curtas que se poderán ver entre as 18.00 e as 20 horas: Operación Papá Noel, A zorra, Aurora boreal e Merry Grandmas.

O luns 19, proxectarase tamén unha selección de catro curtametraxes galegas para público non infantil: Pura, de Carmen Méndez; Alboroque, de Sabrina Fernández, Platónico Platónica, de Xacio Baño; e Sandwich Cat, de David Fidalgo Omil.

Outras propostas

A programación da “Carpa Roxa” de Nadal complétase con obradoiros de baile tradicional que rematan cunha foliada aberta, o sábado 20 de decembro; e outro obradoiro de danza de Reis, o venres 2 de xaneiro; ambos a cargo de Artur Puga. Haberá tamén numerosos obradoiros infantís, e nas inmediacións da “Carpa Roxa” quedará instalado o Tren de Nadal que funcionará de balde para nenos e nenas, a partir do 12 de decembro.

Ademais, o departamento de Comercio volverá instalar este ano a ruleta de Agasallos “Eu Merco Aquí” na Carpa Roxa, o sábado 13 de decembro. Con ela, poderánse conseguir numerosos regalos, presentando un tíquet de compra no comercio local por un importe mínimo de 5 euros. Haberá outra oportunidade para participar na ruleta o 3 de xaneiro, xa na carpa da Alameda en Xogo.

Tamén volve á programación da “Carpa Roxa” a maxia, coas actuacións de Dani Polo, este sábado 6, ás 18.00 horas; e o Mago Rafa, o domingo 14, ás 12.00 horas.

Como novidade, este ano haberá cine na “Carpa Roxa” con dúas sesións de curtametraxes da man de Numax. A primeira delas, o 22 de decembro, estará dirixida ao público infantil, cunha selección de cinco curtas que se poderán ver entre as 18.00 e as 20 horas: Operación Papá Noel, A zorra, Aurora boreal e Merry Grandmas. O luns 19, proxectarase tamén unha selección de catro curtametraxes galegas para público non infantil: Pura, de Carmen Méndez; Alboroque, de Sabrina Fernández, Platónico Platónica, de Xacio Baño; e Sandwich Cat, de David Fidalgo Omil.

Outras propostas

A programación da “Carpa Roxa” complétase cun obradoiros de baile tradicional que rematará cunha foliada aberta, o sábado 20 de decembro; e outro obradoiro de danza de Reis, o venres 2 de xaneiro; ambos a cargo de Artur Puga. Haberá tamén numerosos obradoiros infantís, e nas inmediacións da “Carpa Roxa” quedará instalado o Tren de Nadal que funcionará de balde para nenos e nenas, a partir do 12 de decembro.

Ademais, o departamento de Comercio volverá instalar este ano a ruleta de Agasallos “Eu Merco Aquí” na Carpa Roxa, o sábado 13 de decembro. Con ela, poderánse conseguir numerosos regalos, presentando un tíquet de compra no comercio local por un importe mínimo de 5 euros. Haberá outra oportunidade para participar na ruleta o 3 de xaneiro, xa na carpa da Alameda en Xogo.

Post navigation

Previous: Ames inaugura o Nadal
Next: A Deputación colabora coas “Parroquias en Movemento” de Val do Dubra

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.