Desde hai 2 anos o colectivo trans galego está tratando de visibilizar e sensibilizar a cidadanía en xeral sobre as situacións de exclusión social e discriminacións ás que teñen que facer fronte moitas persoas, por mor da súa identidade de xénero.
Santiago, 08/09/2016 – Onte na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, as asociacións Transforma Unión Trans e Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans, acompañadas de A.L.A.S. A Coruña, CASCO e Ultreia LGTBI presentamos as 10 propostas básicas (documento que adxuntamos) que deberá incluir a futura Lei Integral de Identidade de Xénero na que estamos a traballar con máis asociacións e activistas LGTBI de Galicia.
Cada día, moitas persoas son rexeitadas no ámbito familiar, acosadas no ámbito educativo, patoloxizadas dende o ámbito sanitario, o que obriga a moitas persoas trans a largos anos de espera para optar as ciruxias requeridas por eles/elas, sen opción a outra alternativa, que son excluidas do ámbito laboral, obrigadas a ter que mostrar cada día unha documentación que non as identifica, e a sufrir todo tipo de violencias transfóbicas polo simple feito de non identificarse co sexo asignado ao nacer.
Noutras Comunidades Autónomas, como son Navarra, País Vasco, Andalucía, Canarias, e máis recentemente Madrid aprobaron leis de identidade de xénero, dando un paso cara adiante para garantir non só o recoñecemento da identidade de xénero en todos os ámbitos da vida, senón tamén engadir unha carteira de servizos e políticas públicas a favor da inclusión das persoas trans na sociedade.
Sen dúbida o ano 2017, vai a ser un ano importante para Galicia e para o colectivo trans, xa que dende o colectivo LGTBI Galego imos presentar a Lei Galega de Identidade de Xénero no Parlamento, polo que todos xs galegos e galegas, podremos comprobar o nivel de compromiso e implicación dos partidos políticos galegos, por iso dende aquí solicitamos oficialmente unha reunión con cada partido político galego, para asinar un compromiso de levar acabo as seguintes 10 propostas básicas que garantizan os dereitos, o recoñecemento, e o empoderamento das persoas Trans.